Diferenzas entre revisións de «Arthur Griffith»

sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 19 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q342765)
Non existe ningunha constancia que Griffith participase no [[levantamento de Pascua]] de 1916, con todo os británicos encarcerárono como instigador e aínda que o seu período carcelario foi curto, aproximadamente dun ano, foi levado de novo a prisión un ano máis tarde sen ningunha razón legal e simplemente baseándose que era un líder nacionalista.
 
As eleccións xerais de 1918, levaron aos líderes do [[Sinn Féin]] ao poder, e os novos membros do Parlamento, que se reunían co nome de ''Dáil Éireann'' ou Asemblea de Irlanda, van elixir a [[EamonÉamon de Valera]] como presidente da nación e a Griffith como o seu vicepresidente. A guerra aberta contra os británicos era inminente. A guerra de desgaste e guerrilla que os irlandeses iniciaran, baixo a supervisión de [[Michael Collins (político)|Michael Collins]], contra o exército británico obtivo os seus froitos. E así, no ano 1921, Griffith foi encargado de encabezar unha delegación que tratase de buscar unha paz cos británicos e na cal se recoñecese o [[Estado Libre de Irlanda]] (coa sinatura final do [[Tratado Angloirlandés]] ). Aínda que Griffith foi elixido presidente en xaneiro de 1922, non tivo tempo de consolidarse no poder, morreu o [[12 de agosto]] deste mesmo ano, moi pouco despois de que a guerra civil se apoderase do país.
 
[[Categoría:Presidentes de Irlanda|Griffith]]
70.676

edicións