Taiwán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q865
Sen resumo de edición
Liña 61:
== Historia ==
 
A illa estivo controlada entre [[1624]] e [[1662]] polos holandeses ata que foron expulsados por Cheng Cheng-Kung (鄭成功) (tamén coñecido por [[Koxinga - 國姓爺|Koxinga]]), un antigo pirata ás órdes da dinastía Ming, organizando a primeira vaga de colonizadores chineses na illa, que desprazarían gradualmente ós habitantes orixinais cara ó interior. Trala [[Guerra chino-xaponesa]] de [[1894]]-[[1895]], China foi obrigada a ceder Taiwán a [[Xapón - 日本|Xapón]] a perpetuidade.
 
Tras a fin da [[segunda guerra mundial]] en [[1945]], [[Xapón - 日本|Xapón]] aceptou os términos da [[Conferencia de Potsdam]] que facían referencia á [[Conferencia do Cairo]] pola cal a illa retornaba a China. As tropas recén chegadas masacraron a uns 30.000 nativos, posteriormente chegaron dous millóns de refuxiados dende o continente, trala derrota na guerra civil a mans das forzas do Partido Comunista Chinés, comandadas por [[Mao Tse Tung]]. No tratado de paz de [[San Francisco]] que entrou en vigor o [[28 de abril]] de [[1952]], Xapón renunciou formalmente á soberanía sobre a illa e sobre as [[Illas Pescadores - 澎湖群島|Illas Pescadores]]. O tratado non facía referencia a quen debería entregarse a illa, o cal serviu como xustificación ós partidarios da independencia da illa.
 
O [[Kuomintang]] mantivo unha ditadura ata [[1991]], primeiro dirixida por [[Chiang Kai Chek - 蒋介石|Chiang Kai Chek]], sucedido á súa morte polo seu fillo [[Chiang Ching-kuo - 蔣經國|Chiang Ching-kuo]], e despois por [[Lee Teng-hui - 李登輝|Lee teng-hui]]. Ata [[1987]] mantívose o estado de guerra, Taiwán foi o representante oficial de China na [[ONU]] ata [[1979]]. Nos anos noventa asístese á progresiva democratización da illa, culminando nas eleccións do ano [[2000]], en que por primeira vez o KMT é derrotado, accedendo á presidencia [[Chen Shui-bian - 陳水扁|Chen Shui-bian]].