Anxiospermas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 85 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q25314
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 26:
Nalgúns sistemas de clasificación chámanas "magnoliófitas" (nome científico Magnoliophyta), xa que se pensaba até hai pouco tempo que as [[magnolia]]s eran as flores máis semellantes á "anxiosperma ancestral" (a primeira planta destas características, da que terían descendido todo o resto das anxiospermas).
 
O termo "anxiospermas" provén de dúas verbas [[Lingua grega|gregas]]: ''anxíon-'' vaso, ánfora, e ''sperma'', semente; así, este termo composto quere dicir "semente envasada", en referencia a que os seus [[óvulo (botánica)|óvulos]] (e posteriormente a súa semente) fican pechados pola folla fértil portadora dos óvulos ou [[carpelo]]. Deste xeito, o gran de [[pole]] para fecundar o óvulo ten que contactar unha superficie do carpelo preparada para isto (o "[[Estigma (botánica)|estigma]]") en troques de caeren directamente sobre o óvulo como nas [[ximnosperma]]s.
 
A estrutura particular das súas flores non é a única diferenza que posúen co resto das espermatófitas, outros caracteres morfolóxicos distintivos son: a redución do [[gametófito]] feminino a só unhas poucas células, a dobre fecundación (coa formación de un tecido nutritivo característico, triploide, chamado [[endosperma]], ó tempo que se fecunda o óvulo), e un [[xilema]] e [[floema]] distintivos, máis recentes que os do resto das [[Planta vascular|traqueófitas]], e máis eficientes en moitos aspectos (aínda que o xilema semella ter evolucionado xa dentro da [[póla]], sendo as magnoliófitas máis primitivas semellantes nos seus tubos xilemáticos ás [[ximnosperma]]s).
Liña 142:
 
== Notas ==
* Nalgúns textos considérase que só as anxiospermas son plantas con flores, xa que só consideran flores ás flores de anxiospermas (que ancestralmente posúen verticilos ou espirais ordenados de [[sépalo]]s, [[pétalo]]s, [[estame]]s e [[carpelo]]s, e posúen os [[óvulo (Botánica)|óvulos]] pechados nos carpelos de xeito que se poda acceder a eles a través do [[Estigma (botánica)|estigma]]). Aquí consideramos que unha "[[flor]]" é toda rama de crecemento limitado que posúa follas fértiles, polo que todas as [[espermatófita]]s (tanto anxiospermas como [[ximnosperma]]s) posúen flores, como aquí definido.
{{Listaref}}