Federación Galega de Municipios e Provincias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
314 concellos
Liña 1:
'''A Federación Galega de Municipios e Provincias''' (Fegamp) é un organismo de carácter municipalista e de defensa dos intereses dos concellos de [[Galicia]]. Está constituído polos 315314 [[concello]]s, as catro [[deputación]]s provinciais e as nove entidades menores existentes na Comunidade Autónoma de [[Galicia]]. O seu presidente a partir de novembro de [[2011]] é o [[Partido Popular|popular]] [[Xosé Manuel Rey Varela]].
 
==Historia==
Liña 6:
No seguinte cuatrienio e baixo a presidencia do alcalde de [[Quiroga]], [[Julio Álvarez Núñez]], produciuse a fusión das tres entidades que defendían con voz propia e dende diferenciados e lexítimos puntos de vista os postulados da Administración Local galega. Despois de meses de conversas e negociacións, a antiga Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a [[Federación de Concellos Galegos]] (FCG) e a [[Federación Galega de Concellos Rurais]] (FCR) asinaron o [[22 de abril]] de [[1996]] o denominado Protocolo de Fusión para unificar, baixo as siglas da Fegamp, a defensa dos intereses da Administración Local galega.
 
Este acto de fusión, celebrado no [[Parlamento de Galicia]] coa presenza das máximas autoridades autonómicas, marcou un punto de inflexión cara o recoñecemento institucional da Fegamp como único interlocutor válido diante doutras administracións. Este protagonismo da federación viuse reforzado co incremento dos afiliados, posto que a progresiva adhesión de tódalas Entidades Locais galegas (315314 concellos, catro deputacións provinciais e nove entidades menores) converteu a Fegamp nun caso paradigmático en toda España da unidade de acción do municipalismo.
 
A Fegamp adquiriu no ano [[1990]] a súa primeira sede social en [[Santiago de Compostela]], pero sete anos máis tarde mercou dun novo local na rúa Varsovia (Área Central), de máis de mil metros útiles.