Diferenzas entre revisións de «Escola de Tradutores de Toledo»

m (Bot: Retiro 9 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q69199)
 
== Algúns tradutores coñecidos ==
Coñecemos algúns nomes de tradutores: o segoviano [[Domingo Gundisalvo]], que traducía ao latín desde a versión en lingua vulgar do xudeu converso sevillano [[Juan Hispalense]], por exemplo. Grazas ás súas traducións de obras de astronomía e astroloxía e doutros opúsculos de [[Avicena]], [[Algazel]], [[Avicebrón]] e outros, chegaron a Toledo desde toda Europa sabios desexosos de aprender ''in situ'' deses marabillosos libros árabes. Estes empregaban xeralmente como intérprete algún [[mozárabes|mozárabe]] ou xudeu que vertía en lingua vulgar ou en latín bárbaro as obras de [[Avicena]] ou [[Averroes]]. Entre os ingleses que estiveron en Toledo cítanse os nomes de [[Roberto de Retines]], [[Adelardo de Bath]], Alfredo e Daniel de Morlay e [[Miguel Scoto]], a quen serviu de intérprete Andrés o xudeu; italiano foi [[GerardoXerardo de Cremona]], e alemáns [[Hermann o Dálmata]] e [[Hermann o Alemán]]. Grazas a este grupo de autores os coñecementos árabes e algo da sabedoría grega a través destes penetrou no corazón das universidades estranxeiras de Europa. Como froito secundario desa tarefa, a lingua castelá incorporou un numeroso [[léxico]] científico e técnico, frecuentemente [[arabismo]]s, civilizouse, axilizou a súa sintaxe e fíxose apta para a expresión do pensamento, chegando á [[Normalización lingüística|norma]] do chamado "castellano drecho" afonsí.
 
== Véxase tamén ==
52.366

edicións