Diario de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q8355302
Liña 26:
A etapa da cooperativa prolongouse ata [[xuño]] de 1999. Neste período, o ''Diario de Pontevedra'' pasou por unha fase de titulares rechamantes, lindeiros do [[sensacionalismo]], como "Los jueves, milagro" (sobre unha baixada do prezo do gasolina) ou "Ratón de un solo agujero" (sobre a fidelidade que o príncipe [[Rainiero III de Mónaco|Rainiero de Mónaco]] lle rendía á súa defunta esposa [[Grace Kelly]]).
 
En 1999, o ''Diario de Pontevedra'' é adquirido polo Grupo El Progreso, quen coloca na presidencia a [[Antonio de Cora García]], descendente da familia fundadora do xornal lugués e fillo da presidenta do grupo[[Grupo El Progreso]], [[Blanca García Montenegro]]. Da dirección ocúpase [[Antón Galocha]]. O Grupo El Progreso completa a modernización informática do diario pontevedrés, que pasa de ser un dos xornais galegos de aspecto máis "clásico" a converterse nun dos máis avanzados en cuestións de deseño.
 
Malia a súa pertenza ao grupo lugués, o xornal mantén o seu carácter local, mesmo nas promocións e nos enfoques das noticias. Contou cunha edición electrónica propia ata que en [[decembro]] de [[2007]] integrouse, como os outros xornais do grupo, na plataforma [[Galiciaé]].