Imperio Bizantino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
{{País desaparecido
{{país_desaparecido
|nome_oficial = Βασιλεία Ῥωμαίων<br />''Vasilía Roméon''<br />Imperium Romanum
|nome_completo = Imperio Romano
Liña 37:
}}
{{Imperio Bizantino}}
O '''Imperio Bizantino''' - (chamado tamén, sobre todo para facer referencia á súa etapa inicial, '''Imperio Romano de Oriente''' -) foi un [[imperio]] [[Cristianismo|cristián]] [[Idade Media|medieval]] de cultura [[lingua grega|grega]] cuxa capital estaba en [[Constantinopla]] ou [[Bizancio]] (actual [[Istambul]]). As orixes do Imperio Bizantino remóntanse á etapa final do [[Imperio Romano]]. Inicialmente abarcaba todo o [[Mediterráneo]] oriental, pero co tempo foi sufrindo importantes reducións territoriais.
 
Non hai un consenso xeral en canto á data de inicio do Imperio Bizantino. Para algúns autores a data clave é a fundación de Constantinopla no ano [[330]], en tanto que outros estudiosos consideran como acta de nacemento do Imperio Bizantino a morte de [[Teodosio I]], en [[395]], cando o Imperio Romano foi definitivamente dividido en dúas metades, oriental e occidental. Outros pensan que pode falarse con propiedade de Imperio Bizantino a partir do momento en que foi deposto o último emperador romano de Occidente, [[Rómulo Augústulo]] ([[476]]).
Liña 66:
Á morte do emperador Teodosio, en 395, o Imperio dividiuse definitivamente: [[Flavio Honorio|Honorio]], o seu fillo maior, herdou a metade occidental, con capital en [[Roma]], mentres que ao seu outro fillo, [[Arcadio]], lle correspondeu a oriental, con capital en Constantinopla. Para a maioría dos autores, é a partir deste momento cando comeza propiamente a historia do Imperio Bizantino. Mentres que a historia do [[Imperio Romano de Occidente]] concluíu en [[476]], cando foi deposto o xove [[Rómulo Augústulo]] polo xermano [[Odoacro]], a historia do Imperio Bizantino prolongarase durante aínda case un milenio.
 
=== '''Historia temperá''' ===
 
En tanto que o Imperio de Occidente se afundiu de forma definitiva, os sucesores de Teodosio foron capaces de conxurar as sucesivas invasións de pobos bárbaros que ameazaron o Imperio de Oriente. Os visigodos foron desviados cara a Occidente polo emperador [[Arcadio]] (395-408). O seu sucesor, [[Teodosio II]] (408-450) reforzou as murallas de Constantinopla, facendo dela unha cidade inexpugnábel (de feito, non sería conquistada por tropas estranxeiras ata [[1204]]), e logrou evitar a invasión dos [[hunos]] mediante o pago de tributos ata que se disgregaron e deixaron de representar un perigo trala morte de [[Atila]], en [[453]]. Pola súa banda, [[Zenón, Emperador|Zenón]] (474-491) evitou a invasión do [[ostrogodo]] [[Teodorico o Grande|Teodorico]], dirixíndoo cara a [[Italia]].
Liña 340:
 
Así mesmo cómpre mencionar que o Imperio foi clave na extensión do cristianismo, relixión que definiría Europa durante séculos. Dos catro maiores focos desta relixión, tres (Xerusalén, Antioquía e Constantinopla) achábanse no seu territorio e ata que aconteceu o [[cisma de Oriente]] foi o maior foco espiritual. Tamén foi responsábel da evanxelización dos pobos eslavos, grazas a misioneiros tan sonados como [[Cirilo]] e [[Metodio]] que evanxelizaron os pobos eslavos e desenvolveron un sistema de escritura que aínda hoxe en día se segue utilizando en moitos países, o [[alfabeto cirílico]]. Para rematar é notábel a súa influencia nas igrexas [[Igrexa ortodoxa copta|copta]], [[Igrexa ortodoxa etíope|etíope]], e a de [[Igrexa Apostólica Armenia|armenia]].
 
==Notas==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 464 ⟶ 467:
* [http://orthodoxempire.lx.ro Imperio Ortodoxo] (en romanés)
 
==Notas==
{{listaref}}
{{Imperios}}