Redes Escarlata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
As '''Redes Escarlata''' son un colectivo de intervención sociocultural xurdido en [[Santiago de Compostela]] no mes de [[maio]] de [[2001]]. No seu manifesto fundacional, asinado por un nutrido grupo de persoas vinculadas á actividade política, sindical e cultural en [[Galicia]], as Redes Escarlata denuncian o sometemento xeral ao neoliberalismo e afírmanse como organización "de esquerdas" que aposta frontalmente pola República galega.
 
As Redes Escarlata adoitan valerse de tres soportes preferenciais: nun primeiro lugar, a intervención nos espazos públicos; en segundo termo, a rede (www.redesescarlata.org) e finalmente as publicacións. Son de destacar, polo impacto social que produciron, propostas estéticas coma o ''Baleirado da Cultura'' (Ourense, outono de 2002), obras poéticas colectivas (''Xuro que non volverei pasar fame'', 2003) e recoñecidos traballos de información e de axitación como o que levaron a cabo desde a súa web con motivo do atentado do [[Prestige]] (2002 e 2003). Tamén optan con frecuencia polo manifesto para se posicionaren sobre as máis diversas cuestións, desde o cinema galego até os dereitos sexuais, a cuestión da lingua ou o dereito á ocupación.