Segunda República Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
fago referencia ás eleccións do 12 de abril de 1931, xa que non se saben os datos con exactitude
Quorthom (conversa | contribucións)
m pequena correción ortográfica
Liña 197:
O [[10 de marzo]] a Falange atentou contra a vida do mestre Luis Jiménez de Asúa, asasinando ó policía que o escoltaba. O [[14 de marzo]], de novo a Falange, atentou contra a vida de [[Largo Caballero]], sen éxito. Pouco despois a [[Falange Española]] foi ilegalizada. Pero non por iso deixaba de actuar: asasinaron a Manuel Pedregal, un maxistrado que sentenciara a 30 anos de cárcere a un falanxista que matara a un vendedor de xornais de esquerdas; puxeron unha bomba no desfile conmemorativo do [[14 de abril]], resultando durante a confusión morto un Garda Civil a disparos da Garda de Asalto (no enterro deste houbo enfrontamentos entre a Falange e a Garda de Asalto, resultando varios mortos e feridos); asasinaron ó xornalista Manuel Andrés en [[San Sebastián]], ó tamén xornalista Luciano Malumbres en [[Santander]] e ó capitán socialista Carlos Faraudo en [[Madrid]]; abriron fogo de metralleta no centro de [[Madrid]] contra traballadores, matando a 3 e ferindo a 40, o día [[16 de abril]].
 
O día [[7 de abril]] [[Niceto Alcalá Zamora]] é destituído coma presidente da República. A proposición redactada por [[Indalecio Prieto]] e [[Manuel Azaña]] e presentada no [[Congreso dos deputados]] o 3 de abril, sinala que non foi necesaria a disolución das Cortes o [[7 de xaneiro]] de 1936, e que, seguindo á Constitución un presidente non pode disolver ás Cortes dúas veces se non é coa aprobación da Cámara. A pesares de haber tidoter os apoios destes dous políticos no momento da disolución [[Alcalá Zamora]] foi pintado coma demasiado "conservador" e "moderado" para os obxectivos reformistas da República.
Como substituto seu foi elixido [[Manuel Azaña]]. [[Indalecio Prieto]] aspiraba a ser o novo presidente do goberno, pero nunha votación do seu partido a maioría decidiron que o [[PSOE]] non entrara no goberno. [[Manuel Azaña]] nomeou presidente do goberno a [[Santiago Casares Quiroga]].
 
Liña 207:
En [[xullo]] de [[1936]] aconteceron uns importantes sucesos, que se ben non desencadearon o alzamento, si que lles serviu para xustificalo. O [[12 de xullo]] uns falanxistas asasinaron ó tenente da Garda de Asalto [[José Castillo]], membro da [[UMRA]]. Algúns dos seus compañeiros decidiron vingarse e achegáronse ó domicilio de [[Antonio Goicoechea]], pero ó non atoparse alí foron ó de [[Gil Robles]], que tampouco se atopaba alí, e definitivamente ó de [[José Calvo Sotelo]], que foi asasinado a tiros.
 
Finalmente as ordes definitivas de Mola foron que o exército de [[África]] se sublevara ás 5 da mañá do día [[18 de xullo]] e 24 horas máis tarde en toda a península. O exército de África tería que contolarcontrolar o [[Marrocos]] español, e logo ser tansportadotransportado vía marítima a [[Andalucía]], polo que a flota tamén tiña que sublevarse. Este plan foi descuberto o [[17 de xullo]] en [[Melilla]], pero o comandante xeneral de Melilla non se decidiu a arrestar ós oficiais, sendo finalmente el o arrestandoarrestado, pese ó risco de que os demais conspiradores non estiveran preparados. Así e todo, na noite do 18 de xullo, xa se tiña eliminado a resistencia no Marrocos español.
 
[[Francisco Franco]] dirixiuse a [[Marrocos]] dende Canarias no famoso voo no ''Dragon Rapide'', alugado co diñeiro de [[Juan March]], para comandar as tropas regulares.
Liña 216:
Unha vez iniciada a insurrección, algunhas comunidades van ser conquistadas polo bando nacional e van dar apoio ós insurrectos, e vai haber outras que se manteñen en poder da República. España estaba baixo o mando de dous gobernos.
 
O [[4 de setembro]] de [[1936]], a presidencia do goberno, pasa ás mans do socialista Largo Caballero, que será sucedido ó ano seguinte por [[Juan Negrín]]. Este era tamén socialista e vai continuar ó mando de forma “estable” até a fin da Guerra Civil no ano [[1939]], e durante o exilio até o ano [[1945]]. A caída do goberno de Largo Caballero precipitouse tralos enfrontamentos entre os bandos formados principalmente pola [[CNT]] e o [[POUM]] contra o [[PSUC]]. O [[POUM]] foi ilegalizado, detenidosdetidos os seus dirixentes e fusilado o seu líder, [[Andreu Nin]].
 
A guerra vai ser un conflito que vai estar marcado pelopolo internacionalismo que vai adquirir co intervencionismo dos dous futuros bloques da [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Entre os feitos da República durante a Guerra Civil, cabe destacar que o [[1 de outubro]] de 1936, vai ser concedida a autonomía ó [[País Vasco]]. O [[4 de novembro]], un mes despois, a [[CNT]], decide unirse ó goberno de Largo Caballero, a pesares das notables diferenciasdiferenzas que existían entre sindicalistas e socialistas. Estando Madrid baixo asedio o goberno vai trasladarse a [[Valencia]], mentres se forman as [[Xuntas de Defensa de Madrid]] encabezadas polo [[Xeneral Miaja]] que encarga a organización do [[Estado Maior]] a [[Vicente Rojo]].
 
O [[8 de novembro]] de [[1936]], é a data da chegada das [[Brigadas Internacionais]], que non abandoarán ata que a guerra estea definitivamente decantada, o [[21 de setembro]] de 1938.
Liña 230:
O [[28 de febreiro]] de [[1939]], o Presidente da República, Manuel Azaña, vai dimitir, mentres que [[Francia]] e o [[Reino Unido]] xa recoñecían a España de Franco, como xa fixeran anos anteriores os fascistas e nazis.
 
O goberno republicano terá que exiliarse definitivamente a Francia entre o 4 e o [[12 de marzo]], no momento no que o [[coronel Casado]], co apoio entre outros de [[Julián Besteiro]], da un golpe de Estado contra a República, mentres se albiscaba xa a fin da guerra, que chegaría oficialmente o [[1 de abril]] de 1939.
 
===A República no exilio===