Maximino Daia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado categorías
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Maximinus2.jpg|240 px|miniatura|''[[Follis]]'' acuñado por Maximino Daia]]
 
'''Caius Galerius Valerius Maximinus''' ([[Iliria]], arredor do [[270]] - [[Tarso, Turquía|Tarso]], agosto de [[313]]) foi un [[emperador romano]].
 
Maximino Daia era fillo dunha irmá do emperador [[Galerio]], quen o adoptou. O seu nomeamento coma césar tivo lugar despois da abdicación de [[Diocleciano]] no [[305]], encarregándose das provincias de [[Siria]] e as provincias orientais. Os acontecementos de occidente, coa Conferencia de [[Carnutum]], onde saíu [[Licinio]] elixido coma Augustus, non ían resolver a situación, pero Maximino Daia non trocou a súa política nin a súa lealdade a Galerio. No ano [[310]], estando xa Galerio moi enfermo, declarouse [[augustus]], pero nada trocou até a morte do seu tío no [[311]].
Liña 9:
Maxencio foi derrotado e Constantino quedou coma augustus da parte occidental do Imperio. O acordo ao que chegaran Maximino Daia e Licinio polo reparto das terras quedou rachado e o enfrontamento de ambos os dous era claro. Con motivo dunha xuntanza en [[Milán]] no [[313]] entre Licinio e Constantino o grande, Maximino viu a oportunidade para atacar a Licinio. Pero este, cun pequeno pero organizado exército, venceu na [[batalla de Campus Ergenus]], e Maximino fuxiu disfrazado de escravo.
 
Chegou a [[Nicomedia]] e tratou de fortificar as portas de [[Cilicia]], pero non aguantou a presión de Licinio, quen o perseguiu até [[Tarso, Turquía|Tarso]], onde o venceu e lle dá morte en agosto do [[313]].
 
Toda a súa familia foi condenada a morte e executada. A súa esposa foi tirada viva ao [[río Orontes]], ao igual que outras moitas mulleres cristiás que fixera tirar Maximino Daia.