Óso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 78:
Son aqueles ósos nos que predomina o eixo lonxitudinal sobre o resto. Na especie humana é o caso do [[fémur]], do [[úmero]], da [[tibia]] e o [[peroné]]. É dicir, predominan nas extremidades, tanto no [[membro superior]] coma no [[membro inferior]]. Os ósos longos posúen dous extremos denominados [[epífise]]s, unha superior ou proximal e unha inferior ou distal. As epífises adoitan artellarse con outros ósos. Por exemplo, a epífise superior do [[úmero]] artéllase coa [[cavidade glenoide da escápula]]. Nas epífises insírense diversos [[músculo]]s, que moven as diferentes [[Articulación (anatomía)|articulacións]]. A zona entre as dúas epífises denomínase [[diáfise]] e ten no seu interior a [[medula ósea]]. Ao longo da diáfise insírense músculos e discorren [[arteria]]s, [[vea]]s fondas e [[nervio]]s. Na separación entre diáfise e epífise hai un disco de [[tecido cartilaxinoso]] que permite o crecemento do óso a medida que a persoa crece ou require máis resistencia nesa área.
=== Ósos curtos ===
Son ósos con forma de cubo, no que non predomina ningún eixo sobre outro. É o caso dos pequenos ósos do [[carpo]] ou do [[Tarso (anatomía)|tarso]]. Dentro dos ósos curtos hai dous casos especiais:
* Ósos sesamoides, que son ósos que poden aparecer no interior dalgúns [[tendón]]s. A [[rótula]] é un óso inmerso en dous tendóns, no [[tendón cuadricipital]] e no [[tendón rotuliano]].
* Ósos supernumerarios, que son pequenos ósos que aparecen nalgunhas persoas.
* O [[acromion]] pode ser un óso independente, nos casos nos que non se osifica a súa unión á [[escápula]].
 
=== Ósos aplanados ===
Son ósos nos que predomina o eixo horizontal sobre o resto de eixos. Por fóra posúen [[tecido óseo]] laminar (o áploe) e por dentro tecido esponxoso, o diploe. Os ósos que forman o [[cranio]] son ósos planos.