Erich von Manstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
Na invasión alemá da [[Unión Soviética]] salienta primeiramente no avance fulgurante ata [[Leningrado]]. Ao pouco tempo, se lle confían os exércitos encargados de facerse con [[Crimea]]. De xeito fulgurante ocupa a práctica totalidade da península e procede a sitiar [[Sebastopol]]. A dura resistencia desta cidade se prolonga ata [[1942]]. Cando, por fin, toma a cidade, é nomeado mariscal de campo. En novembro dese ano, é posto a fronte do grupo de exércitos do Don, coa tarefa de desbloquear o exército de von Paulus, atrapado en [[Stalingrado]]. Pese a dificultade da operación, chega a estar a só 50 quilómetros da cidade, pero von Paulus, carente de subministros non sae a enlazar con el. Isto provoca a súa retirada cando os rusos desencadean o seu contraataque.
 
Pese a opinión contraria de [[Adolf Hitler]] á retirada, von Manstein organiza unha innovadora defensa elástica que salva importantes unidades e acaba esgotando o avance ruso. Isto permítelle un rápido reagrupamento e proceder a un exitoso contraataque que culmina coa reconquista da estratéxica cidade de Jarkov. Deste xeito, a catástrofe de Stalingrado non provocou o colapso da fronte alemá no sur, senon que este mantivo solidez e operatividade ata o punto de presentar no verán de [[1943]] unha colosal batalla en [[batalla de Kursk|Kursk]]. Este supuxo enormes perdas por ambas partes, e desencadeu unha nova retirada ordenada de toda a fronte alemá.
 
Obrigado a pasar á reserva, non volveu ao servizo activo.
 
==Post Guerra==
Acusado de crimes de guerra e crimes contra a humanidade en [[Núremberg]], foi condenado a 18 anos de prisión. Aos 4 anos foi liberado e pasou a asesorar ao exército aliado ante a ameaza soviética durante a [[Guerra Fría]] e axudou a reconstruir o exército da [[República Federal Alemá]].