Diferenzas entre revisións de «Cancio, Barcela, Negueira de Muñiz»

m (recat.)
===Lugares de Barcela===
{{Lp Barcela, Negueira de Muñiz}}
 
HISTORIA
A aldea de Cancio foi deshabitándose pouco a pouco tras a construción do encoro do Salime, nos anos 1950, ata que chegou a despoboarse totalmente. Nos anos 1980, unha parella que chegou ao lugar para participar na experiencia da coñecida como Comuna de Foxo comprou e habitou unha das vivendas, onde aínda residen. No ano 2010 habitáronse outras tres casas. Unha delas foi adquirida e rehabilitada polos promotores de 27113comuna, s.coop.galega, empresa cooperativa de traballo asociada creada no ano 2011. A empresa habilitou a propiedade coñecida antigamente como «o casarío de Cancio» e os terreos de arredor (en total unhas 4 ten) para poñer en marcha un proxecto de autoemprego que permitise ás socias establecerse no lugar e promover melloras sociais concretas, como a potenciación socioeconómica do rural, o fomento do cooperativismo ou o coidado medioambiental. Para iso, iniciaron a súa actividade económica, a xestión dun local multiservizos rural, que contempla os seguintes servizos: tenda de produtos de artesanía, cultura e alimentación ecolóxica, restaurante, bar, salga de internet, albergue con capacidade para 8 persoas, local social para a realización de actividades, aula da natureza con museo e xardín sensitivo e comestible adaptado para discapacitados. Todas as instalacións son accesibles para movilidades reducidas. Coa instalación na aldea deste prometedor proxecto, o lugar volveu coller vida e ofrecer posibilidades reais para a súa completa rehabilitación e ocupación.
 
===Parroquias de Negueira de Muñiz===
{{Negueira de Muñiz}}
4

edicións