Manuel García Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
Xa durante os seus tempos de estudante universitario en Madrid, envía escritos ao xornal lugués ''[[El Norte de Galicia]]'', colaborando periodicamente neste medio entre os anos [[1903]] e [[1915]]. Tamén escribe no xornal ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', así mesmo de Lugo, entre os anos [[1911]] e [[1927]]. As súas colaboracións, centradas en cuestións de divulgación filosófica, [[Historia|histórica]], asuntos de actualidade política nacional e internacional, pedagoxía e [[filoloxía]] foron frecuentemente asinadas baixo pseudónimos, como "Trpséfobo" ou "Manuel da Torre" -en alusión ao seu lugar de nacemento-, polo que son difíciles de identificar. Moitos dos seus escritos teñen sido localizados mercé ao seu arquivo persoal, conservado pola súa familia.
 
No ano [[1912]] publicou ''[[Consideraciones sobre la decadencia y rehabilitación de la lengua gallega]]'', asinado baixo as iniciais M.G.B. Nesta obra deféndese o uso do galego no ensino, actitude pioneira no seu tempo, aparecendo referencias nos xornais ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[Heraldo de Vigo]]''. Sobre este escrito tense mantido que, neste período (previo á fundación das [[Irmandades da Fala]]), apenas existiron análises tan ponderadas e oportunas encol da problemática sociolingüística do idioma galego<ref>Alonso Montero, Xesús: in [[Gran Enciclopedia Gallega]], "García Blanco, Manuel" ([[Silverio Cañada]] Edit.; Xixón 1974)</ref><ref>"García Blanco, Manuel" in Gran Enciclopedia Galega (el Progreso - Diario de Pontevedra, 2003)</ref>.
 
Cinco anos despois, no número 12 de ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', do [[10 de marzo]] do [[1917]], anunciouse a tradución ao galego da obra baixo o epígrafe ''Consideración sobre a fala galega''<ref>Malia estar prevista a súa publicación por entregas co subtítulo ''Folletón de A Nosa Terra'', só se editou a primeira delas, no número 17 da revista, do [[30 de abril]] do mesmo ano.</ref>, dicíndose dela que