Placebo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*pildoras>pílulas
→‎Véxase tamén: algo máis desde a wiki .es
Liña 35:
 
O único compoñente importante de todo placebo é o psicolóxico. É dicir, o [[efecto placebo]] funciona con base na suxestión. Cando un paciente facilmente suxestionable recibe un placebo e pensa que se trata dun medicamento real, o seu sistema nervioso xeneralmente comeza a desenvolver [[dopamina]], unha sustancia química responsable dos efectos da melloría. De feito, o factor psicolóxico se evidencia ata tal punto que as pastillas de azucre fabricadas en tamaños máis grandes fornecen máis efecto que as pequenas, e as de cores vivas máis efecto que as brancas.
 
 
== Utilización ==
[[Ficheiro:Antilirium Placebo.jpg|miniatura|Exemplo de placebo utilizado en investigación]]
Si unha persoa cre padecer unha enfermidade, pero os seus achegados teñen a certeza de que só se trata dunha suxestión (produto dun desequilibrio psicolóxico como a [[hipocondría]], por exemplo), pode outorgárselle un placebo. O paciente estará convencido de que tomou un medicamento real e os seus aparentes síntomas desaparecerán. Con todo, dado que o seu cadro psicolóxico non foi realmente tratado, o máis probable é que no futuro rexurda novamente a situación, coa mesma enfermidade imaxinaria ou outra distinta. De modo que non se pode continuar a base de placebos toda a vida; tarde ou cedo debería conseguir atención psicolóxica.
 
Doutra banda, o placebo ten tamén unha utilización en ambiente médico profesional. Utilízase en [[ensaio clínico|ensaios clínicos]] para poñer a proba si un medicamento é efectivo ou non, do seguinte xeito. Divídese a un conxunto numeroso de pacientes co mesmo cadro clínico en dous grupos. O primeiro grupo recibe o medicamento verdadeiro e o segundo (denominado [[grupo de control]]) recibe un placebo. Ao comparar o resultado de ambos grupos, establécese si o medicamento verdadeiro realmente funciona ou non.
 
Nótese que a clave reside no grupo de control. Si só se utilizase un grupo para poñer a proba o medicamento, sen comparalo co efecto dun placebo, o resultado non sería concluínte. Por exemplo, si logo de aplicar o medicamento observásese unha melloría do setenta por cento dos pacientes, aínda así o medicamento podería ser en realidade ineficiente; porque quizá si non fose administrado de todos os xeitos mellorarían os mesmos pacientes. E á inversa o mesmo; aínda si só mellorase o dez por cento dos pacientes o medicamento talvez podería ser bo, pois quizá si non se administrou mellorarían non o dez senón o tres por cento.
 
=== No ámbito médico ===
 
Un estudo no [[Reino Unido]] revela que o 97% dos médicos admitiu dar polo menos unha vez algún tipo de placebo aos seus pacientes, ben por petición do propio paciente ben por iniciativa propia para tratar de tranquilizalo. En concreto o 97% dos médicos usou tratamentos placebo «impuros» (como o uso de tratamentos non demostrados, análises de sangue ou exames físicos non esenciais), e o 12% placebos «puros» (pílulas de azucre ou inxeccións salinas que non conteñen ingredientes activos).<ref>{{cita noticia |título=Los médicos también recetan placebo |url=http://www.abc.es/salud/noticias/medicos-tambien-recetan-placebo-14497.html}}</ref><ref>{{cita noticia|título=La mayoría de los médicos admite haber dado placebo alguna vez a sus pacientes |url=http://www.elmundo.es/elmundosalud/2013/03/21/noticias/1363870140.html}}</ref>
 
 
 
== Véxase tamén ==