Diferenzas entre revisións de «Dorna»

sen resumo de edición
m (→‎Procedencia: Viquingo)
 
== Características formais ==
A '''dorna''' é unha embarcación totalmente fabricada de madeira, construída óen [[tingladillocalime]] coas táboas da [[obra viva]] xustapostas, montando unhas sobre outras, reducindo o risco de vías de auga e simplificando a construción, o que lle confire maior estabilidade á costa dunha perda de hidrodinámica (este tipo de construción denomínase "de [[escarva]] ou [[calime]]").
A quilla da dorna non abrangue toda a eslora, xa que pola parte de popa hai un tercio de lanzamento do casco que a quilla non soporta. As [[caderna]]s sobresaen da cuberta, formando [[toletes]] ou apoios dos remos nuns casos (tres toletes para dous remos, un a popa e dous na liña media, para o avance normal a remo, e dous toletes de menor tamaño a proa usados con remos pequenos para a pesca con [[espello]]), e noutros casos puntos que serven de guía para a disposición de [[liña]]s ou de paso da escota. Leva un timón de grande tamaño que se prolonga por debaixo do lanzado de popa ata a [[quilla]], actuando como [[orza]] ademais de como timón, gobernado mediante unha [[cana]] de madeira, xeralmente dunha soa peza. Coa aparición do motor mariño de explosión, a dorna sufriu un redeseño da [[estampa]] de popa, introducíndoselle unhas pezas de madeira que permiten o acoplamento dun pequeno motor [[foraborda]].
 
Usuario anónimo