Pleomorfismo (microbioloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 11 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1637017
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
A teoría monomórfica, apoiada por [[Louis Pasteur]], [[Rudolf Virchow]], [[Ferdinand Cohn]], e [[Robert Koch]], acabou por facerse o [[paradigma]] dominante na ciencia médica moderna: hoxe acéptase case universalmente que cada célula bacteriana deriva dunha célula preexistente de practicamente o mesmo tamaño e forma. Porén, encontrouse recentemente que certas especies concretas de bacterias poden modificar a súa forma drasticamente, como por exemplo ''[[Helicobacter pylori]]'', que pode existir tanto como forma helicoidal (clasificado como bacilo curvado ou [[espirilo]]) coma en forma [[coco (bacteria)|cocoide]].<ref name="pmid19453756">{{cite journal |author=Andersen LP, Rasmussen L |title=Helicobacter pylori-coccoid forms and biofilm formation |journal=FEMS Immunology and Medical Microbiology |volume=56 |issue=2 |pages=112–5 |year=2009 |month=July |pmid=19453756 |doi=10.1111/j.1574-695X.2009.00556.x |url=}}</ref>
 
Nas primeiras épocas da microbioloxía era moi difícil obter cultivos puros (dunha soa especie), polo que a maioría dos cultivos eran na práctica mixtos (con varias especies), e conforme ían variando co tempo as condicións do [[medio de cultivo]], o microbio predominante variaba tamén, polo que ao principio predominaba un tipo de microbio e máis tarde outro diferente, o que parecía que era a transformación sufrida por unha soa clase de microorganismo, o que levou naqueles primeiros tempos a moitos microbiólogos a defender o pleomorfismo.<ref>Stanier, Doudorof, Adelberg. Microbiología. 2ª ed. Aguilar. Páxina 20. ISBN 84-03-20256-3</ref> Coa obtención de cultivos puros o monomorfismo foi facéndose cada vez máis predominante.
 
==Virus==