Wikipedia:Votacións/Mudanza da norma sobre topónimos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Comentario sobre a proposta de Sobreira
completo o comentario
Liña 69:
*{{Comentario}}. Vendo o exposto por [[Usuario:Sobreira|Sobreira]], considero que se debería aprazar a votación mentres a redacción do punto non sexa o suficientemente clara. Sigo a opinar que é un erro escoller unha única forma para cidades que teñen varios nomes oficiais, lóxicamente non vamos poñer 12 nomes oficiais para cada cidade de Sudáfrica e habería que simplificar esto. No caso de cidades que non teñen nome en galego e teñen varios nomes oficiais que vamos facer? Poño un exemplo: Karjaa - Karis é unha cidade finlandesa (ollo, non está en Åland) onde a meirande parte da poboación é de fala sueca (máis do 50 %), segundo o que se propón, o nome sería Karjaa (en finlandés por ser a lingua oficial), suprimindo a forma coa que a inmensa maioría da poboación coñece á súa cidade (e un bo número de finlandeses), non obstante se optamos por deixar o título Karis (en sueco), estamos a contradicir a norma porque non empregamos a forma oficial. Que é mellor? Para min dende logo é mellor a forma actual, aínda que poñendo ao revés de como o temos agora (poñer Karjaa - Karis en lugar de Karis - Karjaa) para que sempre apareza primeiro a forma en finlandés. Hai que ir con ollo e considero que debe replantexarse a redacción, citando todos os casos posibles. [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 7 de xuño de 2013 ás 10:34 (UTC)
:Por outra banda, considero que a ligazón exposta por [[Usuario:Atobar|Atobar]] non é ningún argumento e paréceme que non ten sentido ningún. Non se pode argumentar nada cun comentario nunha rede social, por non dicir que a imaxe violaba dereitos de autoría e foi felizmente borrada. Se se queren cambiar as normas sobre toponimia que se cambien, mais con argumentos sólidos e expoñendo as cousas con claridade: qué se vai facer coas cidades que teñen nome en galego, qué se vai facer coas cidades que non teñen nome en galego, qué se vai facer coas cidades con nome noutros alfabetos, qué se vai facer con cidades que teñen dous nomes oficiais e o máis falado é o minoritario do país, qué se vai facer en casos como o de Bruxelas ou Nova York (Cidade de Bruxelas, Bruxelas, etc), etc. Hai que aclarar todo antes de facer un cambio tan drástico. [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 7 de xuño de 2013 ás 10:43 (UTC)
 
* : [[User:Sobreira|Sobreira]]: creo que se é un problema de forma na norma, nos exemplos, ou no catálogo de referencias, podería cambiarse a redacción sen que alterase o sentido do voto dos que xa votamos. Como o ves? --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <small>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]]</small> 7 de xuño de 2013 ás 11:48 (UTC). Ou consideras que unha variación aclaratoria alteraría o significado do voto e que sería desexable someter de novo esta norma a unha segunda fase de consenso? --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <small>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]]</small> 7 de xuño de 2013 ás 11:50 (UTC)