Urano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m Ampío de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
m Ampío de en.wiki
Liña 6:
 
== Historia ==
Aínda que é visible a simple vista como os cinco planetas clásicos, nunca foi recoñecido como planeta polos antigos observadores debido á súa semiescuridade e lenta órbita. [[William Herschel|Sir William Herschel]] anunciou o seu descubrimento o [[13 de marzo]] de [[1781]], expandindo os límites coñecidos do [[Sistema Solar]] por primeira vez na historia. UranusUrano foi tamén o priemrioprimeiro planeta descuberto cun telescopio.
 
=== Descubrimento ===
Urano fora observado en moitas ocasións antes de ser recoñecido como un [[planeta]], pero xeralmente era considerado erroneamente unha [[estrela]]. O primeiro avistamento rexistrado foi en [[1690]], cando [[John Flamsteed]] observou o planeta polo menos seis veces, catalogándoo como 34 [[Taurus|Tauri]]. O astrónomo francés [[Pierre Lemonnier]] observou Urano polo menos doce veces entre [[1750]] e [[1769]], incluídas catro noites consecutivas.
 
Sir [[William Herschel]] observou o planeta o [[13 de marzo]] de [[1781]] mentres estaba no xardín da súa casa no 19 de New King Street. no pobo de [[Bath]], [[Somerset]] (na actualidade o Herschel Museum of Astronomy), pero inicialmente informou del como un [[cometa]]. Herschel participaba nunha serie de observacións da [[paralaxe]] das estrelas fixas usando un telescopio deseñado por el.
 
Herschel escribiu no seu diario "No coartil próximo a [[Zeta Tauri|ζ Tauri]] ... ben [unha] estrela nebulosa ou quizais un cometa". O [[17 de marzo]] anotou "Busquei o cometa ou a estrela nebulosa e atopei que se trataba dun cometa, xa que cambiara de lugar". Cando presentou o seu descubrimento á [[Royal Society]] continuou afirmando que atopara un cometa aínda que tamén implicitamente comparábao a un planeta:
 
== Órbita ==