Parque de Castrelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[File:Fuente del parque de Castrelos, Vigo.jpg|thumb|right|320px|Fonte e chafarices.]]
 
O '''Parque de Castrelos''', coñecido tamén coma '''Finca da Marquesa''' ou '''Parque Municipal Quiñones de León''', é un gran parque situado en [[Vigo]] que corresponde á antiga quinta do [[Pazo de Castrelos]], hoxe sede do [[Museo Quiñones de León]]. Porén, Castrelos abrangue unha extensión máis ampla fóra dos xardíns do pazo. Ocupa unha superficie total de 24.3 hectáreas, no que se atopan, ademais do pazo e os seus xardíns históricos, variedade de espazos verdes, un [[auditorio]], [[Bosque|zonas boscosas]], etc. Todo plenamente harmonizado coma parque urbano Ten un gran valor [[Paisaxismo|paisaxístico]] e [[Botánica|botánico]] polo que foi declarado [[Xardín Histórico]] e [[Ben de Interese Cultural]] en 1955. Na actualidade, é o maior parque da cidade, unha área de lecer e verdadeiro pulmón verde da grande urbe. Varias das súas árbores, como [[faia]]s, [[Árbore das tulipas|tulipeiros]], [[eucalipto azul|eucaliptos]] e [[Camelia do Xapón|camelias]] aparecen no [[Árbore senlleira|Catálogo de Árbores Senlleiras]] da [[Xunta de Galiza]].
 
O pazo que hoxe acolle o museo Quiñones de León representa o esplendor barroco da arquitectura palaciana. Foi construído na segunda metade do [[século XVII]]. É un dos mellores exemplos da arquitectura palaciana galega.