Manuel Beiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
elimino homónimos
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Graduado pola Escola de Comercio da [[A Coruña|Coruña]], dende moi novo comezou a escribir. Aos dezaseis anos publicou o seu primeiro artigo xornalístico en ''[[ElDiario de Galicia (Compostela)|Diario de Galicia]]''. Posteriormente seguiu escribindo e traducindo ao galego baixo o pseudónimo "Eu ben sei".
 
Católico e galeguista, foi un dos fundadores do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] en [[1931]]. Ao ano seguinte promoveu a celebración da primeira misa en galego. Beiras militou no Partido Galeguista até [[1935]], cando xunta con outros militantes encabezados por [[Xosé Filgueira Valverde]] e [[Vicente Risco]] abandonaabandonou o partido polos seus pactos coa esquerda e fundanfundou a [[Dereita Galeguista]].
 
Trala guerra civil prosigue as súas actividades culturais e crea, xunta con outras personalidades de Galiza, coma [[Otero Pedrayo]], [[Manuel Gómez Román|Gómez Román]], [[Luís Iglesias Iglesias|Luis Iglesias]], [[Fermín Bouza Brey]], [[Xaime Illa Couto]], [[Antón Fraguas]] e [[Xesús Ferro Couselo]], o [[Patronato Rosalía de Castro]]. Foi tamén moi activo no ámbito compostelán, creando a [[Orquestra Filarmónica de Compostela]] e promovendo actos como a celebración do [[Día de Galiza]] en Santiago de Compostela ou a [[Festa do Traxe Galego]].
 
===Tras a ditadura===
Tralo fin da ditadura franquista, foi concelleiro no concello de Santiago de Compostela en 1979 polas listas da coalición [[Unidade Galega (coalición)|Unidade Galega]], e un dos responsábeis da refundación de Partido Galeguista en [[1978]]. En 1985, ante a decisión da maioría dos militantes de disolver o partido e integrarse en [[Coalición Galega]], participa nunha nova refundación do partido (V Congreso), formando parte da executiva do partido. Nas eleccións autonómicas galegas de 1989 foi número dous nas listas do [[Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista]] (PNG-PG) pola Coruña, sen obter acta de diputadodeputado.
 
TraduceuTraduciu ao galego "''Os contos de Grimm"'' e "''Platero e eu"''. ObtuvoObtivo a [[Medalla Castelao]] en 1987, a Medalla de Ouro ao Mérito Cidadán de Santiago de Compostela en 1991 e foi nomeado [[Galego do Ano]] pola Universidade de Santiago de Compostela en 1995.
 
Estaba casado con Herminia Torrado Moldes e era pai de nove fillos.