Xardinaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 206:
O [[pazo]], situado na parroquia de [[Oca, A Estrada|Santo Estevo de Oca]], no concello da [[A Estrada|Estrada]], constrúense entre os séculos [[século XVII|XVII]] e o [[século XVIII|XVIII]] xunto a unha vella [[Castelo (fortificación)|fortaleza]] [[Idade Media|medieval]]. Posúe os xardíns máis sonados de todos os pazos galegos, con especies de árbores pouco frecuentes e, entre outros elementos, [[Pombal (edificio)|pombal]], capela, [[pontella (pasaxe)|pontellas]] e un encoro con [[parrulo]]s e [[ganso]]s.
 
*'''[[Pazo de Ortigueira]]'''.
Áchase en Santa Cruz de Ribadulla, no concello de [[Vedra]]. O xardín do pazo teñen máis de 200 variedades de plantas, moitas delas árbores centenarias, estanques, bancos de pedra, así como o ''camiño das oliveiras'' en forma de cruz. O que fora presidente do Colexio de Farmacéuticos de [[Pontevedra]] [[Esteban Areses Vidal]] (1888-1984) dixo deste xardín en 1951:
{{cita|''Poucos, moi poucos parques e xardíns botánicos, públicos e particulares, sen exceptuar os de moitas capitais de primeira orde, poden ostentar tanta variedade, riqueza e fermosura, non brindar con tanta magnificiencia de natureza e arte''.}} Alfonso Armada, o propietario actual, expresa, nun parágrafo revelador, o legado recibido, do que se converteu en celoso conservador:
{{cita|Santa Cruz de Ribadulla é a miña propiedade. Alí está o pazo, que hoxe é xardín, cunhna casa grande. Pasou de casal a torre, de torre a granxa, de granxa a xardín; como se formou o parque, como se reuniron os libros da biblioteca, de onde viñeron as plantas?... Esa é a historia do pazo.}}
 
*'''[[Pazo de Lourizán]]'''.