Conversa:Bruxelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Explicación de motivos.
Liña 16:
::Creo que o mellor é agardar a ver en que queda o de Wikidata. --'''''<span style="font-size:medium;font-family:Comic Sans MS;text-shadow: 2px 2px 3px #aaa">[[Usuario:JaviP96|<span style="color:#BB0011">J</span>]][[Conversa usuario:JaviP96|<span style="font-size:small;color:#DD2233">aviP96</span>]]</span>''''' 4 de xuño de 2013 ás 14:20 (UTC)
::Eu opino que é mellor deixar Cidade de Bruxelas vendo todos os problemas que hai co topónimo en Wikidata e que poden levar a que un usuario quera ver información sobre a cidade noutra wiki e o mande a outro lado, ou que mirando na wikipedia en castelán (por poñer un exemplo) non lle apareza o artigo en galego, cousa que non fai ningún ben á Galipedia. [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 4 de xuño de 2013 ás 15:03 (UTC)
 
*Como responsábel do cambio de nome da páxina e, xa que logo, iniciador deste debate véxome na obriga de puntualizar e ampliar algúns dos meus argumentos:
#Evidentemente o que fagan ou deixen de facer as demais wikipedias non é vinculante para nós, faltaría máis, como supoño que tampouco será vinculante que a maioría das wikis usen o topónimo ''Bruxelas'' para o nome da páxina. Só dixen que é <u>significativo</u> que as linguas oficiais que se falan no lugar lle chaman ''Cidade de Bruxelas'' ou similares. Creo que o parecer dos propios do lugar é un dato moi a ter en conta, aínda que non sexa a corrente maioritaria.
#Tampouco dixen que os bots condicionen a política da Galipedia, quen dixo tal? É certo que o cambio do nome ocorréuseme ao observar eses problemas, pero non é o argumento principal que usei para defender o cambio. Dixen que unha consecuencia positiva do cambio era evitar ese problema.
#Discordo completamente co argumento de que o uso máis frecuente de ''Bruxelas'' sexa o de referirse á ''Ville de Bruxelles'', un concello de menos de 200.000 habitantes, é dicir, máis pequeno que Vigo ou A Coruña. Na miña modesta opinión, a maioría da xente deste país non asocia Bruxelas cunha pequena cidade, senón cunha das urbes máis poboadas de Europa, como tamén o entenden aquí: [http://en.wikipedia.org/wiki/Largest_cities_of_the_European_Union_by_population_within_city_limits Largest cities of the European Union by population within city limits]. Cando se fala dos órganos de goberno da Unión Europea, chamánselle con moita frecuencia ''Bruxelas''. É habitual ler nos xornais "Bruxelas obriga a España a reformar o sistema de pensións" e frases polo estilo; esta acepción de ''Bruxelas'' tampouco coincide coa ''Ville de Bruxelles'' que se ben alberga á maioría dos organismos da UE, non todos están nela. A tal efecto, e sobre a idea da Bruxelas europea, pódese consultar: [http://en.wikipedia.org/wiki/Brussels_and_the_European_Union Brussels and the European Union]. Un último apuntamento que se me ocorre coa idea que suxire ''Bruxelas'' ten que ver co fútbol: o [[RSC Anderlecht]], gañador de varios títulos europeos, e un club da municipalidade homónima, mais todo o mundo di que é un equipo de Bruxelas (de feito acabo de corrixir unha ligazón na páxina deste equipo, no sentido que apunto). O mesmo pode dicirse do FC Brussels que, a pesar de ser da municipalidade de Molenbeck, eles mesmos ao escolleren o nome identifícanse con Bruxelas.
#Finalmente, a comparación das provincias españolas coa rexión de Bruxelas carece de fundamento toda vez que a rexión de Bruxelas é completamente urbana, cousa que non ocorre con ningunha provincia española. Creo que todo o mundo neste país asocia o topónimo Ávila coa cidade de Ávila, non hai confusión posíbel. Por certo que amais das vascas, provincias con nome distinto ao da capital tamén son Asturias, Cantabria, A Rioxa, Illas Baleares e (sen querer provocar outro debate) Nafarroa. Volvendo a Bruxelas, probabelmente o nome "rexión" non sexa o máis axeitado pois non dá esa idea de área urbana uniforme, mais é o que elixiron os propios do lugar.
Espero ter deixados claros e razoados os meus argumentos. Saúdos, --[[Usuario:Xosé Antonio|Xosé Antonio]] ([[Conversa Usuario:Xosé Antonio|fálame sempre]]) 6 de xuño de 2013 ás 23:23 (UTC)
Volver á páxina "Bruxelas".