Cabalo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado anaco da raza autóctona galega
Liña 90:
 
As razas desenvolvéronse debido á necesidade de realizar un tipo particular de traballo.<ref name=Sponenberg155>Sponenberg "The Proliferation of Horse Breeds" ''Horses Through Time'' p. 155</ref> Polo tanto, enténdese que unha raza poderosa e refinada como a andaluza creouse para a monta e aptitudes para la [[doma clásica]].<ref name=Sponenberg155/> Os grandes cabalos de tiro respondían á necesidade de forza de traballo nunha [[granxa]] ou carretando.<ref>Sponenberg "The Proliferation of Horse Breeds" ''Horses Through Time'' pp. 156–57</ref> Outras razas desenvolvéronse especificamente para traballos de agricultura lixeiros, o transporte, as diversas disciplinas deportivas ou simplemente como mascotas.<ref name=Spon162>Sponenberg "The Proliferation of Horse Breeds" ''Horses Through Time'' p. 162</ref>
 
==== Cabalo de pura raza galega ====
{{AP|Cabalo de pura raza galega}}
[[Ficheiro:Fontefiz, cabalo pura raza galega.JPG|miniatura|300px|Cabalo de pura raza galega no [[Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia]].]]
O Cabalo de Pura Raza Galega (PRG) é o nome co que se coñece oficialmente<ref>Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de 4 de abril de 2001 pola que se establece a regulamentación específica do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega (DOG nº 74, de 17 de abril).</ref><ref>Orde APA/33/2002, de 2 de xaneiro, pola que se modifica o Catálogo Oficial de Razas de Gando de España, de conformidade co previsto no Real decreto 1682/1997, de 7 de novembro, polo que se actualiza o Catálogo Oficial de Razas de Gando de España (BOE nº 13, de 15.01.2002).</ref> á [[raza de cabalo|raza equina]] autóctona de [[Galicia]]. Tamén chamado tradicionalmente '''cabalo galego de monte'''<ref>Esta foi a denominación coa que figuraba no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España, no que se introduciu en 1997, ata a súa reforma pola Orde APA/33/2002.</ref>, '''cabalo galaico''', '''poni galego''', '''faca galiciana''', '''faca galega''' ou, simplemente, '''cabalo do país''' <ref>Pose e col. 2001; mediorural.xunta.es</ref>.
 
A finais do [[século XX]] atopábase en estado de [[Extinción|perigo de extinción]]: en [[1999]] o rexistro oficial mantiña un censo de soamente 190 exemplares. O programa para procurar a súa recuperación e preservación conseguiu censar en 2001 450 exemplares (o 80% deles en idade reprodutora) e a finais de [[2007]] a poboación censada era de case 1.300 exemplares <ref>[http://mediorural.xunta.es/es/areas/gandaria/razas_autoctonas/equina/ mediorural.xunta.es]</ref> <ref>Da mestizaxe existente dá idea o feito de que en 2001 o censo de cabalos criados ceibos nos montes galegos ascendía a uns 22.000 exemplares.</ref>.
 
== Aires ==