→Estruturas
O edificio ten en cada un dos [[forxado]]s trece ocos limitados por catorce [[viga]]s vierendel paralelas. Estas pezas son dun enorme tamaño e son prefabricadas, polo que houbo que facer un gran despregamento loxístico para levalas ao terreo edificable da construción. As vigas son visibles nas [[fachada]]s laterais (a norte e a sur). As vigas de diferentes plantas únense entre si con tensores. Os [[alicerce]]s do Pompidou son metálicos con sección redonda. Hai unha estrutura inventada neste edificio coñecida polo nome de ''Gerberette''. Son unhas pezas metálicas horizontais ancoradas aos alicerces por un dos extremos a xeito de [[beiril|beirís]]. Teñen unha sección curva e a súa función é suxeitar as estruturas metálicas que sobresaen das fachadas oeste e leste. O seu inventor foi o enxeñeiro alemán [[Gerberett]], e deseñáronse para ampliar a superficie das pontes. Deste xeito, obsérvase que toda a estrutura do Pompidou é metálica, incumprindo aparentemente a normativa parisina contra incendios. Con todo, esta lexislación é respectada xa que os alicerces están refrixerados pola auga que hai no interior de cada un deles.
Nas fachadas oeste e este están as chamadas "Cruces de
== Instalacións ==
|