Centro Georges Pompidou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 53:
== Estruturas ==
 
O edificio ten en cada un dos [[forxado]]s trece ocos limitados por catorce [[viga]]s vierendel paralelas. Estas pezas son dun enorme tamaño e son prefabricadas, polo que houbo que facer un gran despregamento loxístico para levalas ao solarterreo edificable da construción. As vigas son visibles nas [[fachada]]s laterais (a norte e a sur). As vigas de diferentes plantas únense entre si con tensores. Os [[alicerce]]s do Pompidou son metálicos con sección redonda. Hai unha estrutura inventada neste edificio coñecida polo nome de ''Gerberette''. Son unhas pezas metálicas horizontais ancoradas aos alicerces por un dos extremos a xeito de voladizos. Teñen unha sección curva e a súa función é suxeitar as estruturas metálicas que sobresaen das fachadas oeste e leste. O seu inventor foi o enxeñeiro alemán [[Gerberett]], e deseñáronse para ampliar a superficie das pontes. Deste xeito, obsérvase que toda a estrutura do Pompidou é metálica, incumprindo aparentemente a normativa parisina contra incendios. Con todo, esta lexislación é respectada xa que os alicerces están refrixerados pola auga que hai no interior de cada un deles.
 
Nas fachadas oeste e este están as chamadas "Cruces de San Andrés", uns tensores cruzados perpendicularmente entre si, e inclinados aproximadamente 45º respecto do chan, colocados en cada cadrado formado polas barras horizontais e verticais que hai no exterior destas fachadas. Estes tensores son sorprendentemente finos e teñen moita seguridade, é dicir, que para que a estrutura que conforman fracasase habería que cortar bastantes destes tensores. Para rematar a "maraña" de barras e estruturas que hai nas fachadas, na que dá á praza súmase a estrutura que suxeita a escaleira exterior. Nesta fachada hai barras e tubos que non teñen función estrutural, e o seu único acometido é contribuír no caos visual que dificulta a comprensión do espazo. Detrás deste conxunto de barras e tubos están as fachadas propiamente ditas. Teñen un acristalamiento continuo, dividido en módulos rectangulares e con carpintería metálica ortogonal.
 
== Instalacións ==