Diferenzas entre revisións de «Centro Georges Pompidou»

O Centro Pompidou é un dos primeiros edificios da corrente [[Hig Tech]]. Está notablemente influído pola arquitectura de [[Mies van der Rohe]] e pola do grupo [[Archigram]]. En canto á influencia do arquitecto alemán, apréciase no edificio o [[racionalismo arquitectónico|racionalismo]] propio da súa Arquitectura Moderna no sentido de que o inmoble é entendido como un contedor baleiro no que se poida meter calquera cousa. O interior do Pompidou é completamente diáfano e é entendido por Johnson como un contedor con espazos interiores móbiles. As grandes luces están salvadas por un total de catorce enormes [[viga vierendel|vigas vierendel]] paralelas entre si e perpendiculares á fachada da praza. A influencia do grupo Archigram, é palpable nas novas e complicadas formas que ten o edificio en canto aos moitísimos tubos, barras e estruturas que invaden as fachadas. Archigram creou numerosos deseños nos [[anos 1960]] cheos de fantasía e looks [[sicodelia|sicodélicos]] con influencias ''hippies''. Nos seus proxectos abundaban os tubos, cores e estruturas metálicas exteriores.
 
== EntornoContorna urbanourbana ==
 
[[Ficheiro:Centre Pompidou Artlibre jnl 4.jpg|miniatura|250px|Vista da praza e edificios do entorno.]]
 
Débese lembrar que este edificio é o terceiro sitio máis visitado de París. Deste xeito, no barrio que rodea ao centro de arte hai unha mestura entre turistas, artistas, hippies e executivos que viven en carísimos apartamentos. [[Jean Baudrillard]] escribiu o libro ''L´effect Beaubourg'' en [[1977]]. Nel fala do que supón a construción do Pompidou para o barrio en que se atopa, unha zona deprimida antes da existencia deste centro de arte. Baudrillard di no seu libro que a arte do [[século XX]] é trasgresora, segreda e que quere cambiar a sociedade. Tamén apunta que o previsto mal uso do Centro Pompidou é unha expresión do odio que xera esa arte contemporánea e misteriosa.
 
 
 
== Estruturas ==
21.448

edicións