Coroa de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 36 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q204920
mSen resumo de edición
Liña 38:
 
== Contexto ==
Os centros económicos principais da Coroa eran a [[cidade]] de [[Barcelona]] e o [[Reino de Valencia]]. Outro centro político importante era [[Zaragoza]], onde os reis eran coroados. Finalmente, [[Palma de Mallorca]] era outra cidade cun porto importante.
 
A Coroa de Aragón incluíu en varios momentos da súa historia o [[Reino de Valencia]], o [[Reino de Mallorca]], [[Sicilia]], [[Malta]] e [[Sardeña]], e durante un breve período, a [[Provenza]], o [[Reino de Nápoles]], o [[Ducado de Neopatria]], e o [[Ducado de Atenas]].
Liña 44:
Os países que hoxe se coñecen como [[España]] e [[Portugal]] entraron despois do 722 nunha loita intermitente chamada a "[[Reconquista]]". Esta loita enfrontou aos reinos do norte cristiáns contra o [[Al-Andalus]], tendo este reino en reiteradas veces loitas internas ([[taifas]]. .
 
Na Baixa Idade Media, a extensión da Coroa Aragonesa cara ao sur atopouse coa [[Coroa de Castela]], que avanzaba cara ao leste na rexión de [[Murcia]]. Despois, o Imperio de Coroa Aragonesa xirouse cara oao [[mar Mediterráneo]], chegando a estar en [[Grecia]] e a [[Berbería]], mentres que Portugal, que completou a súa "Reconquista" en 1272, puxo o seu punto de mira no [[Océano Atlántico]]. Os mercenarios da Coroa, chamados " [[almogávar|almogàvers]] " participaron na creación deste "Imperio mediterráneo", e máis tarde foron traballar para os países do sur de Europa.
 
Con todo, os diferentes territorios estaban unidos dun xeito que non se semellaba moito á idea tradicional dun Imperio. Un contemporáneo, o Marqués de Lozoya, describiu a Coroa de Aragón como máis ben unha [[confederación]] que unha [[monarquía]] centralizada, sen falar dun Imperio. Tampouco documentos oficiais nunca o denominaron como un Imperio ("Imperio" ou calquera parecida); en cambio, foi considerado unha unión dinástica de reinos separados.