Diferenzas entre revisións de «Paulo VI, papa»

 
===Traxectoria no Vaticano===
[[Ficheiro:Cardenal Montini.jpg|200px|thumb|Cardeal Arcebispo de Milán.]][[Pío XII, papa|Pío XII]] nomeouno, xunto con monseñor [[Tardini]] Prosecretario de Estado. As intrigas vaticanas e os desencontros con sor Pascualina,a familiar -unha especie de ama de chaves- de [[Pío XII]] e que era chamada "A Papisa" pola súa influencia sobre este, afastouno deste posto, sendo nomeado arcebispo de [[Milán]] o [[1 de novembro]] de [[1954]].
 
Morto [[Pío XII]], [[Xoán XXIII]] creouno [[cardeal (relixión)|cardeal]], no seu primeiro consistorio, o [[15 de decembro]] de [[1958]] e incorporouno á preparación do [[Concilio Vaticano II]].
 
Durante a primeira sesión do Concilio, liderou ao grupo de bispos que tentaron darlle un pulo aperturista. Lograron formar comisións de traballo representativas das distintas realidades eclesiais, sen a tutela da Curia Vaticana. Botaron por terra os esquemas (borradores) de documentos que a propia Curia quería que fosen aprobados case sen debate, para abrir un tempo de diálogo e de maduración de documentos doutro rumbo. Nese tempo de dúbidas, cando uns documentos foron rexeitados e outros aínde están por nacer, pronuncia un histórico discurso onde lanza a pregunta que impulsará o avance do Conciio: "Igrexa, ¿que dis de ti mesma?".
 
===Papado===
{{PapS-XX}}
70.676

edicións