Urano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 17:
== Exploración ==
En [[1986]], a sonda interpanetaria da [[NASA]] [[Voyager 2]] atopouse con Urano. Esa pasada segue a ser a única investigación o planeta realizada a curta distancia, e na actualidade non hai plans para novas visitas. Lanzado en [[1977]], o Voyager 2 realizou o seu achegamento máis próximo a Urano o [[24 de xaneiro]] de [[1986]], estando a 81.500 quilómetros da súa capa de nubes, antes de continuar a súa viaxe cara [[Neptuno]]. O Voyager 2 estudou a estrutura e a composición química da atmísfera do planeta, incluída a súa meteoroloxía única, causada pola inclinación axial de 97,77°. Realizou as primeiras investigacións detalladas dos seus cinco satélites máis grandes, e descubríu 10 novas lúas. Examinou os nove aneis coñecidos e descubriu dous novos. Tamén estudou o campo magnético, a súa estrutura irregular, a súa inclinación e a súa peculiar magnetosfera.
 
A posibilidade de enviar a nave [[Cassini–Huygens|Cassini]] a Urano foi avaiada durante unha fase de planificación da extensión da súa misión no ano [[2009]]. Precisaríanse uns 20 anos para chegar ao sistema do planeta tras deixar [[Saturno]].
 
== Véxase tamén ==