Camilo Nogueira Martínez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 24:
Na súa obra distínguense tres etapas. Na primeira, antes da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], Nogueira, de familia de carpinteiros, traballaba na [[madeira]]. Obras desta etapa atópanse no [[Museo de Pontevedra]].
 
Da segunda etapa, tamén en madeira, especialmente [[acacia|acacia australiana]], [[freixo]] e [[buxo]], hai obras no [[Museo Quiñones de León]], no [[Pazo de Castrelos]] de Vigo.
 
Na terceira etapa empregou o [[barro]] e a [[pedra]]. Varias obras desta etapa están espalladas polas rúas de Vigo. Por exemplo o mural da [[Porto de Vigo|estación marítima]] (1955), ''Pescantina e Mariñeiros portando o escudo da cidade de Vigo'' (1969) na [[Fortaleza do Castro]], ''O forxador e O mariñeiro'' da [[Praza de Compostela]] ou o ''Monumento ó emigrante'' (1971) da Praza de América.