Paulo VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 18:
|lema = Cum Ipso in monte<br>In nomine Domini
|ch = montini
|}}{{PapS-XX}}
'''Giovanni Battista Montini''', nado en Concesio ([[Lombardía]]) o [[26 de setembro]] de [[1897]] e morto en [[Castel Gandolfo]], o [[6 de agosto]] de [[1978]], foi o [[Papa]] número 262 da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] co nome de '''Paulo VI''' (en [[latín]]: ''Paulus PP. VI'').
 
Liña 34:
Durante a primeira sesión do Concilio, liderou ao grupo de bispos que tentaron darlle un pulo aperturista. Lograron formar comisións de traballo representativas das distintas realidades eclesiais, sen a tutela da Curia Vaticana. Botaron por terra os esquemas (borradores) de documentos que a propia Curia quería que fosen aprobados case sen debate, para abrir un tempo de diálogo e de maduración de documentos doutro rumbo. Nese tempo de dúbidas, cando uns documentos foron rexeitados e outros aínde están por nacer, pronuncia un histórico discurso onde lanza a pregunta que impulsará o avance do Conciio: "Igrexa, ¿que dis de ti mesma?".
===Papado===
{{PapS-XX}}
A morte de Xoán XXIII deixoulle ó seu sucesor a difícil tarefa de levar adiante o [[Concilio]] e aplica-las súas innovacións á vida da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]]. Para esa tarefa foi elixido Montini en [[1963]], 18 días despois da morte do seu predecesor e a el correspondeulle a apertura da segunda sesión do Concilio Vaticano II o [[29 de setembro]] de [[1963]] e as seguintes sesións ata a súa posta en marcha a partir do [[7 de marzo]] de [[1965]]. O seu pontificado, por tanto, estivo marcado pola concreción do espírito do Concilio na renovación e modernización da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] e das súas ensinanzas, reestruturou as institucións vaticanas, internacionalizou o [[Sacro Colexio Cardenalicio]] reducindo o predominio abrumador dos italianos, descentralizou o poder papal para impulsar unha maior colaboración dos fieis na vida da Igrexa, viaxou por todo o mundo para redobrar a presenza pública da Igrexa e deu un novo impulso ó diálogo ecuménico coas restantes confesións cristiás.