Diwan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado máis info tirada da ca.wiki
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 10:
 
== Organización ==
No ano [[1994]], a rede Diwan, dirixida daquela por J.P. Couteller, dispuña de 24 centros repartidos polos cinco [[departamentos franceses|departamentos]] da [[Bretaña (histórica)|Bretaña histórica]] con 175 mestres e 1.100 alumnos. Destes centros, 23 son de educación infantil e primaria e un de secundaria (de 11 a 15 anos) en Brest. Respecto ós mestres, fórmanse de 7 a 8 cada ano e requíreselles a titulación oficial de maxisterio máis dous anos de formación en bretón. O sistema de inmersión lingüística que se emprega é o utilizado no [[Quebec - Québec|Quebec]] para o [[francés]], e son frecuentes os contactos educativos con centros de [[Gales - Cymru|Gales]], [[País Vasco - Euskal Herria|País Vasco]], [[Quebec - Québec|Quebec]] e [[Cataluña]]. Ós sete anos introdúcese o [[francés]] como segunda lingua, ós 11 introdúcese o [[inglés]] como terceira e ós 13 o [[alemán]] ou o [[lingua castelá|castelán]] como cuarto idioma. Tamén reciben algunhas subvencións dos departamentos, do ''Conseil Régional de Bretagne'' e da Comisión Europea. Calcúlase que cada ano aumentan entre un 15-16 % as matriculacións en centros Diwan. Segundo datos do ano [[2003]], había 8.874 estudantes.
 
== Véxase tamén ==