Parque de Castrelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño coord
Liña 4:
 
O '''Parque de Castrelos''', coñecido tamén coma '''Finca da Marquesa''' ou '''Parque Municipal Quiñones de León''', é un gran parque situado en [[Vigo]] que corresponde á antiga quinta do [[Pazo de Castrelos]], hoxe sede do [[Museo Quiñones de León]]. Porén, Castrelos abrangue unha extensión máis ampla fóra dos xardíns do pazo. Ocupa unha superficie total de 24.3 hectáreas, no que se atopan, ademais do pazo e os seus xardíns históricos, variedade de espazos verdes, un [[auditorio]], [[Bosque|zonas boscosas]], etc. Todo plenamente harmonizado coma parque urbano Ten un gran valor [[Paisaxismo|paisaxístico]] e [[Botánica|botánico]] polo que foi declarado [[Xardín Histórico]] e [[Ben de Interese Cultural]] en 1955. Na actualidade, é o maior parque da cidade, unha área de lecer e verdadeiro pulmón verde da grande urbe.
 
O pazo que hoxe acolle o museo Quiñones de León representa o esplendor barroco da arquitectura palaciana. Foi construído na segunda metade do [[século XVII]]. É un dos mellores exemplos da arquitectura palaciana galega.
 
== Situación ==
Atópase no [[Concello de Vigo]], na parroquia de [[Castrelos, Vigo|Castrelos]], preto de Balaídos, no Val do Fragoso, entre a Avenida de Castrelos, a avenida Avenida Antonio Palacios (circunvalación), a rúa da Canicouva, o camiño da corredoura e a baixada ao pontillón. Atravésao o río Lagares e a rúa do Prado Vello ou Paseo de Ángel Ilarri.
Liña 11 ⟶ 13:
{{AP|Pazo de Castrelos}}
O parque ten a súa orixe nos xardíns do [[Pazo de Castrelos|pazo]]. Este foi na súa orixe unha [[Torre (construción)|torre]] coñecida coma Torre de Lavandeira. No século XV dende a fortaleza combatíanse as incursións dos piratas que acosaban a Ría de Vigo. Tamén serviu coma defensa na guerra que Castela declara contra Portugal, producindo a ruptura do antigo [[Reino de Galiza]]. A torre é abandonada trala retirada do exército portugués entre os anos [[1665]] e [[1670]]. O antigo edificio fora tributario da [[Orde do Temple]], converténdose en torre no século XVI.
 
O pazo pertenceu entre 1678 e 1918 á familia Gago de Mendoza Oca Sarmiento e Montenegro, dende Antonio Feliz Tavarés Ozores e Soutomaior até [[Fernando Quiñones de León e Elduayen]], marqués de Valadares e de Mos. É a Marquesa de Valadares co seu casamento con Fernando Quiñones de León, a que amplía a vivenda e arranxa os xardíns cun gusto inglés.
 
Liña 60 ⟶ 63:
 
== Turismo ==
Servizos:O Auditorioparque é de acceso libre e gratuíto, de 9 da mañá a 9 do serán. Ten varios servizos, como auditorio ao ar libre., Xogosxogos infantís, estanque, paneis informativos e rótulos botánicos (Ruta dos xardíns históricos). Visitas ao Pazo Museo (salas de arqueoloxía, pinacoteca). Aparcadoiro. Acceso eivados.
O parque é de acceso libre, porén os valiosos xardíns do pazo teñen o seguinte horario:
*Inverno: 9:00 - 20:00 h.
*Verán: 9:00 - 21:00 h.
A entrada é de balde.
 
Declaración: Ben de Interese Cultural (BIC), Xardín Histórico, 1955.
 
Servizos: Auditorio ao ar libre. Xogos infantís, estanque, paneis informativos e rótulos botánicos (Ruta dos xardíns históricos). Visitas ao Pazo Museo (salas de arqueoloxía, pinacoteca). Aparcadoiro. Acceso eivados.
Actividades: jogging-running, baloncesto.
 
Distancias: Estación de autobuses : 1 Kmkm; estación de tren : 1 Kmkm; aeroporto de Vigo : 10 Kmkm.<ref>Web de Turgalicia- http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=26728&ctre=18</ref>
 
==Galería de imaxes==
Liña 97 ⟶ 94:
*[http://turismogalicia.blogspot.com.es/2007/06/parque-de-castrelos-vigo.html Información en Tursimo de Galicia]
*[http://hoxe.vigo.org/movemonos/np_castrelos.php?lang=gal Información do parque na Web do Concello de Vigo]
 
 
{{LugaresdeintereseVigo}}
[[Categoría:Parques de Vigo]]
[[Categoría:Museo Quiñones de León]]
[[Categoría:Bens de Interese Cultural de Galicia]]