Diferenzas entre revisións de «Monte da Guía»

sen resumo de edición
O '''Monte da Guía''' é unha elevación situada na parroquia de [[Teis, Vigo|Teis]], no concello de [[Vigo]], a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da [[ría de Vigo]]. É un dos parques maiores da cidade.
 
Está coroada polapor unha pequena ermida erixida en honra da Nosa Señora das Neves: Nosa Señora da Guía, obra do arquitecto [[Manuel Gómez Román]].
 
Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na [[Segunda Guerra Mundial]], ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.
Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das [[illas Cíes]], e da cara sur da [[península do Morrazo]] e da [[ponte de Rande]].
 
ONa parquesúa contaaba, hai pequenas [[praia]]s como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha [[carballeira]] e distintas especies [[Planta ornamental|ornamentais]] de interese, nas que destacan ademais dos [[Carballo común|carballos]], os [[piñeiro]]s.
 
Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.
 
Para poder acceder ao monte da Guía, é recomendable ir en coche ou en autobús urbano (liña 17).
 
{{ORDENAR:Guia}}
21.426

edicións