Pazo de Castrelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
[[Ficheiro:Pazo de Castrelos, xardín francés.jpg|dereita|miniatura|200px|Xardín francés.]]
[[Ficheiro:Pazo de Castrelos, pombal.jpg|dereita|miniatura|200px|[[Pombal (edificio)|Pombal]] no eido do pazo.]]
[[Ficheiro:Fontano de Sankta Anno, Castrelos, Vigo.jpg|dereita|miniatura|200px|[[Fonte (arquitectura)|Fonte]] con [[pía]] no xardín do pazo.]]
 
=== Orixes ===
Liña 43:
==== Capela ====
Con anterioridade a 1680 os propietarios do pazo posuían un oratorio privado dedicado á Nosa Señora da Soidade que permaneceu activo nunha sala do pazo ao longo do século XVIII.<ref>Juan Miguel González Fernández. Inventario histórico das ermidas de Vigo e do Val de Fragoso. Vigo, 1997</ref>. Non existía logo unha construción específica, polo que o lugar de culto e enterramento dos señores do pazo non era outro que a [[Castrelos, Vigo|igrexa de Santa María de Castrelos]] (1216), moi preto do pazo, onde posuían un lugar de privilexio no altar maior.
 
En 1853 construírase a capela acaroada ao edificio principal baixo a advocación da Virxe do Carme. Ficaba pechada e só se oficiaba nela cando os marqueses se atopaban no pazo. Está presidida por un [[retablo]] de mediados do [[século XVI]] cuxa procedencia é, polo de agora, unha incógnita. O retablo é de factura [[Renacemento hispánico#1ª etapa: O derradeiro gótico e o estilo plateresco|plateresca]] e responde a presentacións moi difundidas en Castela. Por adaptalo ao testeiro da capela, non conserva máis que dous corpos divididos en tres panos, nos que se acollen catro pinturas sobre táboa do obradoiro do mestre zamorano Lorenzo de Ávila.
 
Liña 51 ⟶ 52:
{{AP|Museo Quiñones de León}}
O Museo Municipal de Vigo Quiñones de León nace coa doazón do pazo ao pobo de Vigo en 1924 porque os seus propietarios dispuxeron que se debía adicar a museo. Aínda que a doazón non será definitiva ata dez anos máis tarde, a partir dese momento iníciase unha tarefa de provisión de obras e coleccións de arte que está na base das coleccións actuais.
 
A aspiración do museo foi e é a contextualización deste legado patrimonial no desenvolvemento da propia cidade, o que permitirá que o Museo Municipal Quiñones de León comece a funcionar como museo da cidade a todos os efeitosefectos.
 
== Xardíns ==