Alexandre II, papa: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: artigo novo moi curto |
traduzo da wikipedia catalá: Alexandre II |
||
Liña 1:
[[Ficheiro:Papa alessandro II.jpg|miniatura|esquerda|Alexandre II]]
'''Alexandre II''', de nome '''Anselmo da Baggio''' (na do en [[Milán]] e morto en [[Roma]] o [[21 de abril]] de [[1073]], foi [[Papa]] da [[Igrexa católica romana]] do [[1061]] ao [[1073]].
==Traxectoria==
Á morte de [[Nicolao II, papa|Nicolao II]], a nobreza romana e os bispos lombardos diríxense ao emperador para que designe un novo papa co seu dereito a facelo. O cardeal Hildebrand, porén, futuro papa [[Gregorio VII]], sen ter en conta o dereito imperial e baseándose nos dereitos que se aprobaron en [[1059]] no sínodo de [[Melfi]] sobre a elección papal, adiántase e fai escoller papa ao bispo de [[Luca]], Anselmo da Baggio, que toma o nome de Alexandre III.
Os conselleiros de [[Henrique IV do Sacro Imperio Romano-Xermánico|Henrique IV]], entón de once anos de idade, considerando que, segundo o establecido na ''[[Constitutio Lotharii]]'' e no ''[[Privilegium Othonis]]'', o emperador tiña dereito a que toda elección papal contase coa súa aprobación, responde nomeando antipapa ao bispo de [[Parma]], Pietro Cadalus, que toma o nome de [[Honorio II, antipapa|Honorio II]].
Pero o nomeamento do antipapa Honorio non ten apoio nin sequera na [[Alemaña]], o cal provoca o golpe de estado de Keiserwerth de [[1062]], polo cal Inés, a nai do emperador, vese obrigada a ceder a rexencia aos arcebispos Anno de [[Colonia (Alemaña)|Colonia]] e Adalbert de [[Bremen]] que intentando unha aproximación ao papa Alexandre II conseguindo no sínodo de [[Mantua]] do ano [[1064]] a destitución e excomuñón de Honorio II.
Continúa como os seus predecesores, a loita contra a [[simonía]] e o [[nicolaísmo]], así como o seu enfrontamento co emperador do Sacro Imperio, Henrique IV, a quen obrigou a manter o seu matrimonio con [[Berta de Savoia]]; e no que se pode considerar un precedente da [[loita das investiduras]], excomungará aos conselleiros do emperador ao consideralos instigadores da consagración como arcebispo de [[Milán]] do candidato imperial.
En [[1063]], transformou a chamada [[Reconquista]] hispana en guerra santa ao conceder indulxencia plena aos soldados que participasen na conquista de [[Barbastro]].
Morreu o [[21 de abril]] de [[1073]].
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
* [[Pataria]]
[[Categoría:Papas]]
|