Hadrián IV, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 54 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q132845
Etiqueta: artigo novo moi curto
Servando2 (conversa | contribucións)
traduzo da wikipedia catalá: Adrià IV
Liña 1:
{{Papas en progreso}} {{PapS-XII}}
[[Ficheiro:PopeAdrianIVCameo.jpg|miniatura|esquerda|Hadrián IV]]
'''Hadrián IV''' (de nome de bautizo '''Nicolau Breakspeare'''), nado en [[Saint Albans]] en [[1100]] e finado en [[Anagni]] o [[1 de setembro]] de [[1159]], foi Papa do [[Igrexa católica romana]] do [[1154]] ao [[1159]].
 
==Traxectoria==
 
Breakspeare, o único papa de nacionalidade inglesa da historia, trasladouse na súa mocidade a [[Francia]] para seguir os seus estudos, tomando os hábitos e ingresando ao mosteiro de Santo Rufus (Aviñón) onde en [[1137]] se ha convertera no seu abade.
 
En [[1146]] é nomeado por [[Uxío III, papa|Uxío III]] cardeal bispo de Albano, e en [[1152]] é nomeado legado pontificio a [[Escandinavia]] onde estableceu, en [[Trondheim]], a sé arciprestal de [[Noruega]] e en [[Uppsala]] a sé arciprestal de [[Suecia]].
 
Ao seu retorno a [[Roma]] en [[1154]] recibe o apelativo do "Apóstolo do norte", e logo da morte de [[Anastasio IV, pap|Anastasio IV]] foi elixido por unanimidade o seu sucesor, sendo consagrado o [[18 de xuño]] de [[1155]].
 
A cidade que se atopa o novo papa está sumida en revoltas populares alimentadas polas ideas heterodoxas de Arnaldo de Brescia e que desembocan no asasinato dun cardeal. Hadrián refuxiouse en Viterbo e como resposta tirou un interdito contra Roma polo cal prohibe a celebración dos santos oficios, a administración dos sacramentos e a sepultura eclesiástica, rexeitando recoñecer o Senado e esixindo o desterro de Arnaldo para conceder o perdón.
 
Este interdito provocou unha crise económica na cidade ao verse interrompida a afluencia de peregrinos a Roma, e conduciu á submisión da cidade á vontade papal e a expulsión de Arnaldo.
 
No plano temporal, a política de alianzas de Hadrián decantouse nun primeiro momento para conseguir, a cambio da súa coroación, o apoio do emperador xermánico
 
[[Federico I do Sacro Imperio romano-xermánico|Federico I]] no seu conflito co reino normando de Sicilia, cuxo rei, [[Guillerme I de Sicilia]], fora excomungado polo papa ao invadir territorios pontificios.
 
O encontro prodúcese o [[9 de xuño]] de [[1155]] en [[Sutri]] pero fracasa por unha cuestión de protocolo: segundo a tradición os reis tiñan que suxeitar o estribo do cabalo do papa como sinal de submisión. Federico avanzou cara a el pero obviou esta cerimonia de homenaxe, aínda que si que bicou a zapatilla papal unha vez desmontado. O papa, durante a celebración da misa, e en represalia, nega a Federico o "bico da paz", o cal implicaba que non habería coroación.
 
O conflito resólvese uns días despois, o [[11 de xuño]], noutro encontro celebrado en [[Nepi]] o cerimonial é respectado por ambas partes e o [[18 de xuño]], Federico é coroado polo papa.
 
Aquel mesmo día Arnaldo de Brescia, que fora capturado polo emperador, era entregado ao papa e executado, o que provoca unha rebelión en Roma. O enfrontamento coas tropas imperiais finaliza coa derrota dos romanos, o encarceramento dos seus líderes máis significativos e a execución de máis dun milleiro de romanos que foron afogados no [[río Tíber]]. A vitoria do emperador foi aínda así pírrica posto que debido á falta de aprovisionamentos e a un brote de [[malaria]] viuse obrigado a abandonar a cidade e volver a Alemaña.
 
Hadrián, que se ve obrigado a abandonar Roma e instalarse en Benevento, buscou entón o apoio dos [[imperio bizantino|bizantinos]] para someter os sicilianos, pero ao ser derrotados por estes impúxose un cambio radical na política papal.
 
En efecto, Hadrián asinou un tratado en [[1156]] con Guillerme I de Sicilia polo cal o papa, ademais de investilo como rei, recoñécelle unha serie de territorios que, ao ser tamén pretendidos polo seu antigo aliado Federico, enfrontarao con el. Guillerme pola súa banda recoñécese como vasalo tributario do papado, renuncia ao nomeamento de bispos no seu reino e promete defender os Estados Pontificios.
 
Durante a súa estadía en Benevento, Hadrián recibe a visita de [[Xoán de Salisbury]] quen lle solicita que decrete que [[Irlanda]] pase a ser dominio do rei [[Henrique II de Inglaterra]]. A solicitude, que supón un permiso de invasión para o rei inglés, é concedida por Hadrián, baseándose na [[Doazón de Constantino]], mediante a Bula Laudabiliter.
 
O [[1157]] Hadrián chega a un acordo co pobo romano que lle permite volver a Roma. O [[1 de setembro]] do [[1159]], o papa atopábase en [[Anagni]] e achegouse á fonte da praza da vila para beber auga. Insolitamente, unha mosca entrou na súa gorxa, e ao non poder sacarlla, o papa morreu de asfixia.
 
Durante o seu pontificado empezou a utilizarse o término vicario de Cristo para referirse ao papa.
 
As [[profecías de Santo Malaquías]] refírense a este papa como ''De rure albo'' (Do campo branco), citación que fai referencia á súa orixe campesiña e ao seu lugar de nacemento, Saint-Alban (Alba = "branco, albino").
[[Categoría:Papas]]