Clemente III, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q171001
Etiqueta: artigo novo moi curto
Servando2 (conversa | contribucións)
traduzo da wikipedia catalá:Climent III
Liña 1:
{{Papas en progreso}}{{PapS-XII}}
[[Ficheiro:B Clemens III.jpg|miniatura|esquerda|Clemente III]]
'''Clemente III''' (de nome de bautizo '''Paolo Scolari''') (* [[Roma]], 1130 - † [[27 de marzo]] de [[1191]]) foi Papa da [[Igrexa Católica Romana]] do [[1187]] ao [[1191]].
 
Paolo Scolari, cardeal de [[Palestina]], foi escollido papa o [[20 de decembro]] de [[1187]] na cidade de [[Pisa]] por mor de que na mencionada cidade morreu a súa antecesor mentres preparaba a [[Asedio de Xerusalén (1187)|reconquista de Xerusalén]].
 
Inmediatamente, e aproveitando a boa acolleita dos seus paisanos romanos, empezou a traballar para conseguir o regreso do papado a Roma, cidade da cal os papas se exiliaron en [[1153]] ao constituírse Roma en municipio libre baixo o mandato de [[Arnaldo de Brescia]], chegándose a un acordo que permitiu a Clemente III volver a Roma en [[1188]] e escoller o gobernador da cidade, a cambio do recoñecemento do Senado Romano e da elección polo pobo dos seus maxistrados.
 
Logo deste éxito, Clemente III dirixe a súa atención á reconquista de Xerusalén mediante a organización da [[Terceira Cruzada]]. Para o que se reconciliou co emperador [[Federico I do Sacro Imperio romano-xermánico|Federico I]] conseguindo que se puxese á fronte dun poderoso exército en que tamén participarán o rei inglés [[Ricardo I Corazón de León]] e o francés [[Filipe II Augusto]].
 
Aínda así o conflito co emperador xermánico non tardará en reavivarse cando, á morte en [[1189]] do vasalo do papa [[Guillerme II de Sicilia]]; [[Henrique VI do Sacro Imperio romano-xermánico|Henrique VI]] que sucedera ao seu pai Federico I, morto en [[Terra Santa]], reclama o reino siciliano facendo valer os dereitos da súa esposa [[Constanza I de Sicilia|Constanza]].
 
O Papa, vendo perigar a súa independencia se Henrique VI conseguía o seu propósito, apoia a elección como rei de [[Tancredo de Lecce]], o que provoca a entrada do emperador xermánico en [[Italia]] á fronte dun gran exército para forzar unha entrevista co Papa e conseguir o recoñecemento dos seus dereitos, o cal non conseguiu debido á morte de Clemente III o 27 de marzo de 1191.
 
==San Malaquías==
 
As [[profecías de San Malaquías]] refírense a este papa como ''De schola exiet'' (Saído da escola), que fai referencia ao seu apelido, Scolari (= da escola).
[[Categoría:Papas]]