Salvador Dalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
wiki
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 98:
En [[1940]], coa [[Segunda Guerra Mundial]] arrasando [[Europa]], Dalí e Gala fuxiron ós [[Estados Unidos]], onde viviron durante oito anos. Despois da mudanza, Dalí retomou o seu antigo [[catolicismo]]. «''Durante ese período''», informan [[Robert Descharnes|Robert]] e Nicholas Descharnes, «''Dalí nunca deixou de escribir''».<ref name="Descharnes (1993) p. 35."> [[Robert Descharnes|Descharnes, Robert]] and Nicolas. ''Salvador Dalí''. New York: Konecky & Konecky, 1993. p. 35.</ref>
 
En [[1941]] Dalí entregou un [[guión (arte)|guión cinematográfico]] a [[Jean Gabin]], titulado ''Moontide'' (en [[lingua galega|galego]], ''Marea lunar''). En [[1942]] publicou a súa [[autobiografía]], ''La vida secreta de Salvador Dalí''. Escribía regularmente para os catálogos das súas exposicións, como a organizada na Knoedler Gallery de Nova York en [[1943]]. Nese artigo expoñía que
{{cita|o surrealismo terá servido polo menos para dar unha proba experimental de que a total esterilidade dos intentos por automatizar chegaron demasiado lonxe e levaron a un sistema totalitario...A pereza contemporánea, e a total falta de técnica, acadaron o seu paroxismo na significación psicolóxica do uso actual da institución universitaria.}}
Tamén escribiu unha [[novela]], publicada en [[1944]], sobre un salón de moda para [[automóbil]]es. De aí xurdiu unha [[caricatura]] de Erdwin Cox, do ''The Miami Herald'', que presentaba a Dalí lucindo un automóbil como vestido de festa.<ref name=" Descharnes (1993) p. 35." />