Diferenzas entre revisións de «Cistina»

A '''cistina'''<ref>CHEBI [https://www.ebi.ac.uk/chebi/searchId.do?chebiId=35492]</ref> é un [[aminoácido]] [[dímero]] formado pola oxidación e unión de dous residuos do aminoácido [[cisteína]] por medio dun [[enlace disulfuro]] [[covalente]]. Este [[composto organosulfurado]] ten a fórmula (SCH<sub>2</sub>CH(NH<sub>2</sub>)CO<sub>2</sub>H)<sub>2</sub> <ref>ChemSpider - Cystine [http://www.chemspider.com/575]</ref>. É un sólido branco, que funde a 247–249 °C. Foi descuberto en 1810 por [[William Hyde Wollaston]] pero non foi recoñecido como un derivado das [[proteína]]s ata que foi illado do corno da [[vaca]] en 1899.<ref>"cystine." Encyclopædia Britannica. 2007. Encyclopædia Britannica Online. 27 July 2007 [http://www.britannica.com/eb/article-9028437 www.britannica.com/eb/article-9028437/cystine]</ref> A [[cisteína]], orixinando cistina por medio da formación de enlaces ou pontes disulfuro nunha cadea proteica ou entre dúas cadeas proteicas, determina de forma significativa a [[estrutura terciaria]] da maioría das proteínas. A formación de pontes disulfuro, xunto coa formación de [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]] e interaccións hidrofóbicas é parcialmente responsable da formación da matriz de [[glute]] do [[pan]]. O [[pelo]] humano contén aproximadamente un 5% de cistina na súa masa.<ref>{{Cita publicación|revista=Organic Synthesis | author = Gortner, R. A.; W. F. Hoffman, W. F. | title = l-Cystine | collvol = 1 | collvolpages = 194 | year = 1941 | prep = CV1P0194}}</ref>
 
==Propiedades e aspectos nutricionais==
O enlace disulfuro da cistina é rapidamente reducido para dar o correspondente [[tiol]] [[cisteína]]. Esta reacción é normalmente realizada con tioles como o [[mercaptoetanol]] ou o [[ditiotreitol]].
:(SCH<sub>2</sub>CH(NH<sub>2</sub>)CO<sub>2</sub>H)<sub>2</sub> + 2 [[Thiol|RSH]] → 2 HSCH<sub>2</sub>CH(NH<sub>2</sub>)CO<sub>2</sub>H + RSSR
En presenza de oxíxeno a cisteína oxídase dando lugar a cistina.
[[Ficheiro:pept3.jpg|miniatura|esquerda|500 px]]
 
A cisteína forma parte de moitas proteínas como a [[hormona]] [[insulina]] ou os [[anticorpo]]s, nos que as pontes disulfuro da cistina unen as distintas cadeas que forman a proteína ou establecen dominios estruturais dentro dunha mesma cadea. É menos frecuente en proteínas intracelulares ca nas que son segregadas fóra da célula. Nas queratinas como a que forman o pelo as cistinas son numerosas; nas queratinas máis duras como as da cuncha da tartaruga, os residuos transversais de cistina son moi abondosos.
 
==Cristais de cistina na urina==
191.649

edicións