Aníbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 85 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q36456
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado foto, corrixo ortografía
Liña 1:
[[Ficheiro:HannibalTheCarthaginian.png|miniatura|dereita|Busto de Aníbal.]]
'''Aníbal Barca''' ([[-247|247 a.C.]]- [[-183|183 a.C.]]) foi un xeneral [[Cartago|cartaxinés]], que destacou polas súas campañas contra os romanos.
 
== Infancia ==
En [[-237|237 a.C.]], trala fin da [[Primeira Guerra Púnica]], o seu pai [[Amílcar]] foi enviado polo Consello cartaginéscartaxinés a [[Iberia]], acompañado polo seu xenro [[Asdrúbal o Belo]]. A [[lenda]] conta que Amílcar non era partidario de levarse ao seu fillo, de tan só nove anos, á ardua empresa da conquista de [[Iberia]], aínda que consentiu finalmente en levar ao seu fillo a condición de que xurase inimizade eterna cara a [[Roma antiga|Roma]].
 
O obxectivo de Amílcar era someter as antigas factorías fenicias da costa, asegurando a súa lealdade a [[Cartago]], e asentar o dominio púnico nas terras do interior, terras dominadas polas tribos ibéricas. Esta empresa tiña como finalidade garantir tanto a explotación directa das ricas minas de [[Serra Morena]] para o pago da indemnización de guerra, como a posesión directa dun territorio que podía fornecer a Cartago importantes recursos, tanto materiais como humanos, en vistas a unha nova confrontación con Roma.
Liña 9 ⟶ 10:
Á morte de Amílcar en [[-228|228 a.C.]], [[Asdrúbal o Belo]] quedou ao mando do exército cartaxinés en [[Iberia]] e, asasinado este en [[-221|221 a.C.]], o exército elixiu a Aníbal como estratega. Con todo, como sucedera con Asdrúbal, en Cartago o nomeamento foi mal recibido entre os aristócratas, denominados "Os Vellos", defensores do nomeamento de [[Hannón]], xa que consideraban que era perigoso converter o mando do exército nun cargo hereditario e máis cando o ostentaban membros dunha familia demócrata, como era o caso dos Barca. Malia iso, o Consello púnico confirmou o nomeamento feito pola tropa.
 
Vistas as dificultades finalmente superadas do seu nomeamento, Aníbal decidiu lanzarse a realizar conquistas que demostrasen a súa pericia no mando e saciasen a sede de ouro dos avariciosos aristócratas que tanto desconfiaran da oportunidade do seu mando. Percorreu o interior da [[Península Ibérica]] durante dous anos atinxindo coa súa campaña renome militar, a confianza dos seus soldados e tesouros inmensos para Cartago, chegando deste xeito a unha situación na que si podería enfrontarse aos romanos. Para evitar unha inminente confrontación entre Roma e Cartago, Asdrúbal, xernoxenro de Amílcar Barca e xeneral dos exércitos cartaxineses á morte deste, estableceu un tratado polo cal non se pode estender a influencia cartaxinesa máis aló do norte do río [[Ebro]]. A alianza entre Roma e [[Sagunt - Sagunto|Sagunto]], asinada posteriormente ao tratado, vulneraba este tratado debido a estar a cidade na órbita de influencia cartaxinesa. Esa é a razón pola que Aníbal atacou [[Sagunt - Sagunto|Sagunto]] no ano [[-219|219 a.C.]], provocando o estalido da contenda.
 
[[Ficheiro:hannibal_route_of_invasion.gif|miniatura|250px|Rota de Aníbal na súa invasión de [[Italia]]]]
Liña 15 ⟶ 16:
A oportunidade presentouse ás portas de Sagunto, naquel momento aliada de Roma, a mesma cidade que case vinte anos antes o seu pai respectara ao considerar que Cartago non se atopaba aínda preparada para a guerra. Enfrascada nun preito sobre os límites territoriales con [[Túrbula]] (a actual [[Teruel]]) atacaron territorios pertencentes a Cartago e Aníbal, coa autorización do Consello cartaxinés, respondeu ás agresións destruíndo por completo á cidade no ano 219 a.C., tras un sitio que se prolongou durante oito meses.
 
Aproveitando este feito como escusa, unha embaixada de Roma declarou a guerra contra Cartago, unha guerra que estaba formulada facía moito tempo, pero que fora postergada polo escaso apoio popular romano. Anibal confioulle a defensa de Iberia ao seu irmán Asdrúbal e partiu na primavera do [[-218|218 a.C.]] con 100.000 infantes, 12.000 cabalos e 50 elefantes á conquista de Roma. O seu exército estaba formado por libios (africanos) e mercenarios íberosiberos que se foron unindo ao exército cartaxinés a medida que, primeiro o seu pai, logo Asdrúbal, e finalmente o propio Aníbal, conquistasen o territorio. Desta forma, Aníbal pretendía desviar o golpe mortal que recaería sobre a metrópole cartaxinesa mediante un ataque desesperado directo ao corazón da [[República Romana]].
 
Dirixíndose cara ao norte, chegou a vadear o [[Ebro]], fronteira co territorio romano, sen achar resistencia entre os pobos que atopou ao seu paso. Neste punto confiou a [[Hannón]] 11.000 homes para manter as comunicacións entre o Ebro e os [[PireneosPirineos]], lugar ata o que continuou, atravesándoo e avanzando logo ata o [[Ródano]]. Malia soster algúns combates cos galos que atopou ao seu paso, conseguiu asinar pactos con algúns deles, ofrecéndolles as riquezas que atopasen máis aló das montañas.
 
== Cara a Roma ==
[[Ficheiro:HannibalFrescoCapitolinec1510.jpg|miniatura|250px|Aníbal cruzando os [[Alpes]]]]
A medida que avanzaban cara a Roma, a infantería de Aníbal reduciuse á metade, maioritariamente pola deserción dalgunhas tropas novatas ibéricas que se uniron a último momento motivadas pola fama adquirida polo estratega logo das súas vitorias. Cando Aníbal estaba preparando ás súas tropas para cruzar o [[Ródano]], un gran continxente de volcos, que habitaban nas proximidades do río, situouse na outra beira coa intención de evitar que os cartaxineses cruzasen o río. Consciente de que pola forza non podería cruzar o río, Aníbal enviou a Hannón cun destacamento de mercenarios íberosiberos río arriba, co fin de que cruzasen o río sen ser vistos e sorprendesen pola retagarda aos [[volcos]].
 
Así, remontaron o río ata un lugar onde era menos profundo e ao día seguinte, estas tropas baixaron ata o campamento inimigo, caendo sobre el e facendo fuxir os [[celtas]], á vez que Aníbal cruzaba o Ródano.
Liña 29 ⟶ 30:
Malia a oposición dos nativos ([[Galia#As Galias|galos cisalpinos]]) e da dureza do descenso, logrou cruzar os [[Alpes]] pisando por fin chan romano, dando ao traste cos intentos dos romanos de manter o seu territorio á marxe da guerra. Pero as baixas foran terribles; non quedándolle máis que 20.000 infantes, 6.000 cabalos e 37 elefantes para facer fronte a un pobo que podía opoñerlle un exército de 800.000 soldados.
 
Tras un pequeno descanso para reparar o seu exhausto exército, enfrontouse aos taurinos (de Taurini, a actual [[Turín]]), derrotándoos e proseguindo o seu avance ao longo do [[río Po]] obrigando aos romanos a evacuar a [[Lombardía]] pola superioridade da súa cabalería. A maior parte dos galos cisalpinos (celtas), que conservaban oa resquemorxenreira da recente derrota sufrida a mans dos romanos, incorporáronse ao exército de Aníbal, sobre todo trala súa vitoria na [[batalla do Trebia]], río afluente do Po, en decembro de [[-219|219 a.C.]] nas proximidades de [[Placencia]], primeira batalla formal entre Aníbal e os romanos da [[Segunda Guerra Púnica]].
 
Trala vitoria e asegurada a súa posición, Aníbal decidiu acuartelar as súas tropas para invernar, pero sospeitando a deserción dos galos, determinou atravesar os [[Apeninos]] buscando ao sur unha base de operacións máis segura. Marchou na primavera de [[-217|217 a.C.]] sobre [[Arezzo]], axiña que como llo permitiu a estación, seguindo os camiños pantanosos ao longo dos ríos [[Arno]] e [[Clani]] que se atopaban naquela época do ano case intransitables. A causa do frío e da falta de descanso perdeu un ollo e durante un tempo foi levado en padiola.
 
Atravesados os Apeninos e logo de derrotar no lago [[Trasimeno]] ao cónsul [[Flaminio]], que pereceu na batalla, avanzou cara Roma, onde Quinto [[Fabio Máximo]] fora nomeado ditador. No seu avance derrotou a [[Marco Minucio Rufo]] e logo, na [[Cannas]], en agosto de [[-216|216 a.C.]], derrotou aos cónsulescónsuis [[Caio Terencio Varrón]] e [[Paulo Emilio]] recentemente nomeados e ao seu poderoso exército de 80.000 lexionarios, cun exército de tan só 30.000. Ese mesmo ano, tras un longo sitio conquistou [[Capua]], a segunda cidade máis grande de [[Italia]], converténdoa na súa nova base.
 
Malia as súas vitorias non puido aínda marchar sobre [[Roma antiga|Roma]], que podía resistir un longo sitio grazas ás súas murallas e o seu constante aprovisionamientoaprovisionamento por mar. Tampouco era viable o asedio da cidade, porque Aníbal carecía de material de asedio e homes suficientes. De modo que enviou ao seu irmán [[Magón]] a solicitar reforzos a [[Cartago]]. A resposta, por boca de [[Hannón]] o Grande, non puido ser máis desalentadora: Se Aníbal é vencedor, non os necesita; se é vencido, non é digno deles. Sen axuda exterior, a súa posición no sur de [[Italia]] foise dificultando, á vez que o seu obxectivo de conquistar Roma se tornou cada vez máis remoto. Por outra banda, resultáballe cada vez máis difícil defender os pobos que estiveran baixo o xugo romano e que agora se aliaban con Aníbal porque vían nel ao seu libertador dada a falta de efectivos. Nos anos seguinte ocupou as cidades de [[Taranto|Tarentum]] en [[-211|211 a.C.]] e [[Samnium]] en [[-210|210 a.C.]], aínda que tamén sufriu algúns reveses, como a perda de [[Capua]].
 
== Regreso a Cartago ==
Liña 42 ⟶ 43:
Unha vez en [[Cartago]], consciente do perigo que axexaba a cidade, refugou do enfrontamento malia as críticas do Consello e reuniuse co xeneral [[Publio Cornelio Escipión o Africano|Escipión]] na cidade de [[Zama]], 160 km ao sur de Cartago, para negociar a paz, pero ante a falta de acordo, os xenerais retiráronse aos seus campamentos. Pouco despois, no campo de batalla próximo á citada cidade, o exército cartaxinés caeu derrotado pola gran superioridade da cabalería romana [[-202|202 a.C.]]. Trala derrota, o Consello, por iniciativa de Aníbal, enviou embaixadores para que aceptasen o convenio de paz ofrecido por Roma, co que finalizaba a [[Segunda Guerra Púnica]].
 
De regreso a Cartago, Aníbal fíxose nomear sufete, equivalente ao cónsul romano, cargo desde o cal mostrou os seus dotes de estatista levando a cabo algunhas reformas polo ben da república, por exemplo, poñer coto aos abusivos tributos esixidos por Roma para a firma da paz, de forma que puidesen satisfacerse a prazos sen necesidade de impoñer ao pobo impostos adicionais extraordinarios. Sete anos logo da derrota de [[Zama]], os romanos, recelososreceosos da nova prosperidade de [[Cartago]], enviaron embaixadores á cidade; intuíndo Aníbal que pretendían que se lles entregase a súa persoa, embarcou en segredo para refuxiarse na corte de [[Antíoco III]], en [[Siria]].
 
Captado o afecto do rei, pensou en coligalo con [[Filipo V]] de [[Reino de Macedonia|Macedonia]] e os cartaxineses para invadir Italia por segunda vez. Co propósito de informar aos seus amigos do plan, enviou un home a [[Cartago]]. Con todo, o plan foi descuberto e o seu emisario obrigado a fuxir mentres a República renovou as súas promesas de lealdade a [[Roma antiga|Roma]]. [[Cornelio Nepote]] acredita que tres anos logo da súa fuxida de Cartago, Aníbal achegouse con cinco barcos ás costas de [[Cirene]] para inducir aos cartaxineses á guerra contra Roma, pero que fracasado o seu proxecto, volveu a [[Siria]]. En [[-190|190 a.C.]], [[Antíoco]] é derrotado nunha batalla da desembocadura do [[río Eurymedon]].
Liña 53 ⟶ 54:
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Baal]]
* [[Guerras Púnicas]]
 
=== BiblografíaBibilografía ===
VV. AA. (1887?1910), Dicionario Enciclopédico Hispano-Americano de Literatura, Ciencias e Artes, Barcelona, Montaner e Simón Editores. Texto de dominio público.
Encyclopædia Britannica, 11ª edición (1911).
Liña 62 ⟶ 64:
Pedro Barceló. ANÍBAL. Acento Editorial, (2001) Madrid
 
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Category:Hannibal}}
* [http://1911encyclopedia.org/ Encyclopædia Britannica, 11ª edición (1911)].
Liña 71 ⟶ 73:
[[Categoría:Finados en -183]]
 
{{LinkLigazón FAAD|es}}
{{LinkLigazón FAAD|fr}}
{{LinkLigazón FAAD|no}}
{{LinkLigazón FAAD|ru}}