Abrir o menú principal

Cambios

engado máis da es.wiki
 
A [[chuvia]] anual limítase ó período que vai de novembro a marzo, sendo de media uns 140 milímetros con rexistros máximos de 215 e mínimos de 0 mm. O [[11 de xaneiro]] de [[2008]] produciuse unha estampa insólita en Bagdad, xa que a cidade amenceu cuberta dunha fina capa de [[xeo]], a primeira en 100 anos.<ref>[http://afp.google.com/article/ALeqM5huPkYk4bGVvo1Sa1tWeH-tgENiFw Afp.google.com, First snow for 100 years falls on Baghdad]</ref>
 
== Goberno ==
[[Ficheiro:Republican palace baghdad iraq.jpg|220px|miniatura|Palacio Presidencial de Bagdad.]]
A cidade de Bagdad ten 89 barrios oficiais dentro de 9 distritos. Estas subdivisións da cidade serviron como centros administrativos para o reparto dos servizos municipais pero ata [[2003]] non tiñan unha función política específica. A comezos de abril de 2003, os Estados Unidos controlaron a [[Autoridade Provisional da Coalición]] (CPA) dando comezo á creación de novas funcións para eles. O proceso inicialmente enfocouse na elección dos consellos dos barrios nos propios barrios oficiais, elixidos polos [[caucus]] locais. O CPA convocou unha serie de reunións en cada barrio para explicar o goberno local, describir o proceso de elección de caucus e fomentar a participación do pobo. Cada proceso nos barrios finaliza cunha reunión local onde os candidatos para os consellos locais fan propaganda e [[campaña electoral]]. Cada consello dos barrios elixe ós representantes entre os seus membros para servir nun dos consellos dos nove distritos da cidade. O número de representantes dos barrios nun consello de distrito está baseado na poboación de cada barrio. O seguinte paso consiste en que cada un dos consellos dos nove distritos nomee ós seus representantes electos, para formar o Concello de Bagdad con 37 membros.
[[Ficheiro:Government building, Baghdad 2006.jpg|220px|miniatura|Edificio do Goberno.]]
Emprégase o mesmo proceso para nomear ós concelleiros representativos para as demais comunidades na [[Provincia de Bagdad]], fóra da propia cidade. Alí, elíxense os consellos locais de 20 barrios (Nahia) e eses consellos elixen representantes entre os seus membros para actuar nos seis consellos de distrito (Qada). Do mesmo xeito que dentro da cidade, os consellos de distrito elixen representantes entre os seus membros para nomear os 35 membros do Consello Rexional de Bagdad.
 
O paso final no establecemento do sistema de goberno local para a Provincia de Bagdad é a elección do Consello Provincial de Bagdad. Os representantes do Consello Provincial son elixidos en proporción ó nivel de poboación dos distritos que representan. Os 41 membros do Consello Provincial obtiveron o cargo en febreiro de [[2004]] e serviron ata as eleccións nacionais celebradas en xaneiro de 2005, cando foi elixido o novo Consello Provincial.
 
Os nove distritos administrativos son:
 
* [[Adhamiyah]]
* [[Karkh]]<ref>Corporal Pruden, Todd. "[http://www.defenselink.mil/news/newsarticle.aspx?id=27637 Soldier Helps to Form Democracy in Baghdad]", [[American Forces Press Service]], [[United States Department of Defense|U.S. Department of Defense]], [[12 de diciembre|12-12]]-[[2003]].</ref>
* [[Karadah]]<ref>"[http://www.defendamerica.mil/articles/june2005/a060105la2.html Zafaraniya Residents Get Water Project Update]", DefendAmerica, [[United States Department of Defense|U.S. Department of Defense]], [[1 de junio|1-7]]-[[2005]].</ref><ref>Frank, Thomas. "[http://www.usatoday.com/news/world/iraq/2006-03-26-councils-work_x.htm Basics of democracy in Iraq include frustration]", ''[[USA Today]]'', [[26 de marzo|26-3]]-[[2006]].</ref>
* [[Kadhimyah]]<ref>"[http://www.defendamerica.mil/articles/mar2004/a031804d.html Army Engineering Battalion Helps Community Help Itself]", DefendAmerica, [[United States Department of Defense|U.S. Department of Defense]], [[18 de marzo|18-3]]-[[2004]].</ref>
* [[Mansour]]
* [[Cidade Sadr|Sadr City-Thawra]]<ref>LaFranchi, Howard. "[http://www.csmonitor.com/2003/1205/p01s04-woiq.html Democracy from Scratch]", ''[[The Christian Science Monitor]]'', [[5 de diciembre|5-12]]-[[2003]].</ref>
* [[Rasheed]]<ref>Specialist Dangel, Jason. "[http://www.defendamerica.mil/articles/sept2006/a091906dg2.html Leaders Highlight Successes of Baghdad Operation]", DefendAmerica, [[United States Department of Defense|U.S. Department of Defense]], [[19 de septiembre|19-12]]-[[2006]].</ref>
* [[Rusafa]]<ref>Specialist Del Rosario, Dereck; {{PDFlink|"[http://www.stewart.army.mil/frontlineonline/archivedpages/FrontlineOnline10-13-05News.pdf Iraq Army takes over four Iraq districts"]|3.36&nbsp;[[Mebibyte|MiB]]<!-- application/pdf, 3530845 bytes -->}}, ''The Frontline'', [[American Forces Press Service]], [[13 de octubre|13-10]]-[[2005]].<br />{{PDFlink|Major Goemaere, Russ. "[http://www.stewart.army.mil/frontlineonline/archivedpages/FrontlineOnline10-13-05News.pdf Iraq Police thwart homicide bombers"]|3.36&nbsp;[[Mebibyte|MiB]]<!-- application/pdf, 3530845 bytes -->}}, ''The Frontline'', [[American Forces Press Service]], [[13 de octubre|13-10]]-[[2005]].</ref>
* [[Novo Bagdad]] (9 Nissan)<ref>Specialist Miller, Andy. "[http://www.kcentv.com/news/c-article.php?cid=5&nid=235 Iron Horse Brigade aids Iraqi boy’s recovery]", [[KCEN-TV|NBC 6]], [[30 de junio|30-7]]-[[2004]].</ref>
 
 
== Notas ==
196.130

edicións