Bagdad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado máis da es.wiki
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 35:
== Xeografía e clima ==
[[Ficheiro:ClimateBaghdadIraq.PNG|miniatura|200px|Diagrama do clima de Bagdad.]]
A cidade está situada nunha vasta chaira divida polo [[río Tigris]]. Este divide a Bagdad en dous, a metade leste, coñecida tamén como "Rusafa", e a metade oeste, a "Karkh". O terreo onde se sitúa a propia cidade é chan e de baixa altura, produto dun [[aluvión]] orixinal debido ás longas e periódicas [[inundación|inundacións]] provocadas polo río.
 
Bagdad posúe un clima moi caloroso e árido (''BWh'', segundo a [[Clasificación climática de Köppen|táboa de Köppen]]), sendo unha das cidades máis calorosas do mundo.<ref>http://wwis.aemet.es/154/c01464.htm</ref> Durante o [[veranoverán|período estival]], de xuño a agosto, a temperatura media é de 34,8&nbsp;°C, acompañada de sol constante. A chuvia é practicamente descoñecida na zona nesa estación. Durante o día, os termómetros poden dispararse ata os 50&nbsp;°C á sombra e pola noite baixar ata os 25&nbsp;°C. A [[humidade]] é tamén moi baixa debido á distancia que separa a cidade do [[Golfo Pérsico]], o que axuda a que se formen frecuentemente tormentas de po que se orixinan no deserto.
 
Durante o [[inverno]], de decembro a febreiro, as temperaturas suavízanse notablemente. As máximas varían entre os 25 e 26&nbsp;°C e as mínimas habitualmente nos -6&nbsp;°C, aínda que non é estraño en Bagdad experimentar temperaturas en inverno por baixo dos -10&nbsp;°C. A presencia do [[río Tigris|Tigris]], atenúa o efecto do clima continental.