Pupieno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 43 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1797
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Exerceu nu primeiro intre como ''[[primus pilus]]'', e pasou por tribuno militar, procónsul en [[Provincia romana de Bitinia|Bitinia]], [[Grecia]] e [[Narbonensis]]. Foi ''legatus'' na [[Xermania Superior]] e [[Xermania Inferior|inferior]], loitando contra os [[sármatas]], [[alamáns]] e [[sasánidas]]. Foi [[Cónsul romano|cónsul]] dúas veces, a primeira no [[204]] e a segunda probablemente no [[234]], sendo prefecto da cidade de [[Roma]], onde colleu sona de ser moi duro e severo. Tivo tres fillos, un deles cónsul no [[236]].
 
O Emperador [[Maximino Tracio]] foi declarado inimigo público e noméase a [[Gordiano I]] e [[Gordiano II]] como emperadores. Pero cando chega a Roma a nova da morte dos dous ás portas de [[Cartago]], xunto co feito de que Maximino se achegaba coas súas lexións cara a Roma, o Senado, reúnese nunha xuntanza de emerxencia no templo de Xúpiter e nomean a [[Balbino]] e Pupieno como co-emperadores. O pobo de Roma, sabedor desta nova, rodea o templo e esixe que se nomee a [[Gordiano III]], neto de Gordiano I como emperador. Para calmar o problema, Gordiano III, quen aínda era un rapaz de 13 anos, é nomeado César.