Mónaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 81:
O [[11 de outubro]] de [[1505]], antes do último intento de invasión [[Xénova|xenovesa]], accedeu ao trono Luciano I de Grimaldi, que morrería asasinado en [[1523]] polo seu curmán Bartolomeu Doria. Luciano non deixou mais que un fillo de pouca idade, Honorato, cuxa tutela foille confiada ao seu tío Agustiño, bispo de Grasse, que foi recoñecido señor. Agustiño non obtivo de parte de Francisco I de Francia o apoio que posuían os Grimaldi, e colocou a Mónaco baixo protectorado [[Castela - Castilla|castelán]] en [[1524]] durante máis dun século. O neto de Honorato, Honorato II, posto baixo a tutela do príncipe de Valdetare, tomou o título de [[Príncipe de Mónaco|Príncipe]] en [[1602]], título que non foi recoñecido até [[1633]] por [[Filipe IV de España|Filipe IV]]. Ademais retornou á alianza con Francia e expulsou ''manui militari'' á gornición castelá, obtendo o ducado de Valentinois. Luís I de Mónaco comandou o seu rexemento de cabalaría e obtivo unha embaixada por parte do [[Vaticano]] en [[1701]].
 
Coa [[Revolución francesa]], trala noite do [[4 de agosto]] de [[1789]], cando se aboliron os privilexios feudais pola Asemblea Nacional Constituínte, os [[Príncipe de Mónaco|príncipes de Mónaco]] perderon tódalas súas posesións francesas e os ingresos derivados delas. De [[1793]] a [[1814]] Mónaco estivo integrado en Francia baixo o nome de ''Fort d'Hercule'', formando parte da rexión dos [[Alpes Marítimos]] e asociado a San Remo. O [[Tratado de París (1814)|tratado de París]] de [[30 de maio]] de [[1814]] volveu colocar ao Principado na órbita anterior a [[1789]], mais cando [[Honorato IV de Mónaco|Honorato IV]] arribou a Mónaco en [[marzo]] de [[1815]] para tomar posesión dela, foi detido por Pierre Cambronne. Era o comezo dos [[Cen Días]].
 
Mónaco colocouse entón baixou protectorado do [[Reino de Sardeña]] no segundo tratado de París, asinado o [[20 de novembro]] de [[1815]] e confirmado polo tratado de Sutpinigi en [[1817]]. Até [[1847]], o principado de Mónaco ocupaba unha superficie total de 24 [[km²]] (dez veces máis co actual Principado) e comprendía tres comunas: Mónaco (1.250 habitantes), Roquebrune (hoxe Roquebrune-Cap-Marin) (850 habitantes) e Menton (4.900 habitantes). A parte máis vasta e rica do principado era a chaira mentonesa, cos seus cultivos de cítricos e oliveiras. Con todo, durante o movemento revolucionario de [[1848]], Menton e Roquebrune proclamaron a súa revogación da [[familia Grimaldi]] e proclamáronse "cidades ceibes" baixo a protección do Reino de Sardeña. En [[1869]], o [[Piemonte]] cedeu [[Niza]] a Francia logo do apoio de [[Napoleón III]] ao comezo da [[Risorgimento|unificación italiana]]. Niza, Menton e Roquebrune votaron entón a súa anexión a Francia, que foi ratificada polo tratado franco-monegasco de [[1861]]. Así Mónaco abandonou finalmente o protectorado que tivo dende [[1815]] e a súa independencia foi formalmente recoñecida, separándose de toda protección de [[Francia]] ou [[Italia]].