Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 42 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q205921
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 12:
[[Ficheiro:NewtonsPrincipia.jpg|miniatura|dereita|Exemplar de Newton da primeira edición, con correccións manuscritas do propio autor.]]Este é o resumo de seis segmentos do “Principia” de [[Isaac Newton]], estas partes son, definicións, [[axiomas]], un fragmento do Libro Primeiro e do Libro Segundo co seu escolio, outro segmento do Libro Terceiro e o escolio xeral.
 
O libro comeza cun conxunto de definicións dos conceptos que vai utilizar. Define [[materia]], [[cantidade de movemento]], [[forza]] ínsita da materia, [[forza]] impresa, [[forza]] centrípeta, cantidade absoluta dunha forza, cantidade acelerativa dunha forza e cantidade motriz dunha forza. Define a materia como a cantidade xurdida da súa densidade e [[Magnitude física|magnitude]]. A cantidade de movemento como a medida xurdida da [[velocidade]] e cantidade de [[materia]]. A cantidade motriz dunha forza centrípeta como a medida proporcional ao movemento que xera nun tempo dado. Séguelle ás definicións un pequeno escolio en onde expón a importancia do tempo e o espazo absoluto. [[Isaac Newton|Newton]] di “…será conveniente distinguir alí entre o absoluto e o relativo, o verdadeiro e aparente, o [[matemático]] e o vulgar.” Comenta que se pode distinguir dun movemento absoluto a un relativo, xa que o movemento absoluto só se pode cambiar ao imprimirlle unha forza, e o relativo pode cambiar se se moven os corpos cos cales se está comparando. Finaliza dicindo que o fin deste traballo é deducir os verdadeiros movementos a partir dos aparentes e viceversa.
 
A parte de axiomas ou leis do movemento comeza indicándonos as famosas tres leis de Newton.
Liña 35:
 
Xa que manifestou a importancia das observacións, escribe unha parte que se chama Fenómenos, que está chea de datos experimentais dos planetas. Séguenlle unha colección de teoremas que utiliza as demostracións dos libros anteriores e non inclúe case nada de matemáticas. Atópanse propiedades da gravitación, como que a gravitación é proporcional ás cantidades de materia; que os pesos dos corpos non dependen da súa forma, e que a gravidade é inversamente proporcional ao cadrado das distancias. Ao final desta sección demostra que os planetas se moven describindo elipses.
 
==Notas==
*Newton, I. (1687): ''Principios matemáticos de la Filosofía natural'' [''Philosophiae Naturalis Principia Mathematica'']. Ediciones Altaya, S.A. Grandes Obras del Pensamiento, '''21'''. 621 páxs. Barcelona, 1993 ISBN 84-487-0140-2 [Estudo preliminar e tradución Antonio Escohotado]