Diferenzas entre revisións de «Anne Frank»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Ámsterdam +Ámsterdan)
m (Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q4583)
m (Bot: Substitución automática de texto (-Ámsterdam +Ámsterdan))
 
== Traxectoria ==
Cando era pequena tivo que abandonar [[Alemaña]] xunto coa súa familia fuxindo dos [[nazi]]s. Mudáronse a [[ÁmsterdamÁmsterdan]], pero cando en [[1940]] [[Países Baixos - Nederland|Holanda]] foi invadida polos alemáns as cousas comezaron a se poñer difíciles para os xudeus residentes en [[Países Baixos - Nederland|Holanda]]. En [[1942]], Ana e a súa familia tiveron que agocharse nun rocho no edificio das oficinas do seu pai (a ''Achterhuis'' , ou a “Casa de Atrás”) debido a persecución dos nazis. Compartiron o refuxio con outras catro persoas máis, en total eran oito os ocupantes da “Casa de Atrás”. Durante a súa estancia no agocho, que durou máis de dous anos, Ana relatou todas as súas vivencias no seu diario ata o 4 de [[agosto]] de [[1944]], data en que foron descubertos e detidos por axentes das [[SS]].
 
Os oito ocupantes do refuxio foron enviados primeiro ao campo de prisioneiros de [[Westerbork]] e logo ao campo de concentración de [[Auschwitz]]. Un mes máis tarde, Ana e a súa irmá Margot foron deportadas ao campo de [[Bergen-Belsen]] no norte de Alemaña.
Dos oito ocupantes da “Casa de Atrás” só [[Otto Heinrich Frank]], o pai de Anne conseguiu sobrevivir, el ocupouse de dar a coñecer a obra da súa filla. O ''[[Diario de Ana Frank]]'' considérase o testemuño escrito máis importante do [[Holocausto]], todo un [[best-seller]] traducido a 55 idiomas. Tivo tamén unha adaptación teatral en [[1955]] e unha cinematográfica en [[1959]], as dúas estreadas con grande éxito. Tamén se publicaron algúns dos contos que Ana escribiu durante o seu encerro que demostran a grande escritora que puido chegar a ser. Ana escribiu: “''A pesar de todo sigo pensando que a xente é boa''”.
 
A Achterhuis , a “Casa de Atrás” é unha das principias atraccións turísticas de ÁmsterdamÁmsterdan. A [[Fundación Anne Frank]] e a [[Anne Frank Fonds]], institucións fundadas por Otto Frank, seguen a funcionar hoxe en día e dirixen as súas accións contra a intolerancia e a discriminación racial.
 
== Véxase tamén ==
103.099

edicións