Index Librorum Prohibitorum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 1:
O '''Index Librorum Prohibitorum''' ou "Índice de libros prohibidos", tamén chamado '''Index Expurgatorius''' é unha lista daquelas publicacións que os laicos da [[Igrexa Católica Romana]] catalogaron como libros perniciosos; ademais establecía as normas da igrexa con respecto aos libros. O propósito desta lista era previr a lectura de libros ou traballos inmorais que contivesen erros teolóxicos e previr a corrupción dos fieis.
 
[[Ficheiro:Index Librorum Prohibitorum 1.jpg|dereita|miniatura|180px|Index Librorum Prohibitorum, 1564]] Foi creado no ano [[1559]] pola [[Inquisición|Sagrada Congregación da Inquisición]] da [[Igrexa Católica Romana]] (posteriormente chamada a [[Congregación para a Doutrina da Fe]]). O índice foi actualizado regularmente ata a súa última edición que data de [[1948]], con materiais que foron agregando tanto a Congregación como o [[Papa]]. A lista non era simplemente un conxunto de obras prohibidas, os [[autor]]es víanse obrigados a defender o seu traballo: podían volver publicalas con modificacións se eles desexaban evitar que algunha engrosase a lista.
 
A trixésima segunda edición, publicada en 1948, contiña aproximadamente 4.000 títulos censurados por varias razóns: [[herexía]], deficiencia moral, [[sexo]] explícito, inexactitudes [[política]]s, entre outras. Autores notables foron incluídos nesta lista: [[Laurence Sterne]], [[Voltaire]], [[Daniel Defoe]], [[Nicolás Copérnico]], [[Honoré de Balzac]], [[Jean-Paul Sartre]], [[André Gide]], o sexólogo holandés [[Theodor Hendrik van de Velde]], autor do manual de sexo ''O matrimonio perfecto''.
 
Algúns dos títulos integraron este índice por ter un contido político definido: en [[1926]], a [[revista]] "''Acción francesa"Francesa'', que adoptaba os dereitos polas causas dese país, foi posta na lista.
 
Os efectos deste índice sentíronse por todos lados, máis aló do mundo católico. Durante moitos anos, en lugares como [[Quebec]], [[España]], [[Italia]] e [[Polonia]] (países católicos), foi moi difícil atopar copias destes libros, especialmente lonxe das grandes cidades. Como lista oficial foi abandonada en [[1966]] baixo o papado de [[Paulo VI]], seguidamente do final do [[Concilio Vaticano II]] e en gran parte debido a consideracións prácticas. No entanto, quedou como un [[pecado]] para os católicos o feito de ler libros que eran inxuriosos contra a fe e/ou a [[moral]].
Liña 11:
Na primeira edición (1559) aparecían tres listas que agrupaban:
 
* Tódalas obras e escritos dun autor prohibido.
* Libros específicos dun autor prohibido.
* Escritos específicos dun autor incerto.
 
== Autores prohibidos ==
Algúns autores notables cuxa obra completa integraba a lista son:
 
# [[Anatole France]] ([[1922]]).
# [[André Gide]] (en [[1952]]).
# [[Denis Diderot]].
# [[EmileÉmile Zola]].
# [[Honoré de Balzac]].
# [[Jean-Paul Sartre]] (en [[1959]]).
# [[Maurice Maeterlinck]].
# [[François Rabelais]].
 
== Libros específicos ==
Entre os libros específicos atopábanse:
 
# ''O contrato social'' de [[Denis Diderot]].
# ''Ensaios'' de [[Michel de Montaigne]].
# ''Justine'' e ''Juliete'' do [[Donatien Alphonse François de Sade|Marqués de Sade]].
# ''Os miserables'', ''A nosa Señora de París'' de [[Victor Hugo]].
# ''Madame Bovary'' de [[Gustave Flaubert]].
# ''Gran Dicionario Universal'' de [[Pierre Athanase Larousse]].
# Algunhas obras de [[Alexandre Dumas (pai)|Alexandre Dumas]].
# As historias de amor de [[Stendhal]] (en [[1828]]).
# As historias de amor de [[George Sand]] (en [[1840]]).
# As historias de amor de [[Gabriele d'Annunzio]] (en [[1911]]).
 
[[Categoría:Catolicismo]]