Abrir o menú principal

Cambios

m
Nota: a letra transcrita como ''<u>ṭ</u>'' éo como ''ẓ'' no artigo de O'Connor (cf. bibliografía infra).
 
A primeira letra non é a vogal /a/ senón o [[ataque glotal]] (unha consoante) seguido da vogal /a/, pois este abjad — que non escribía normalmente as vogais — non servía para notar este ataque glotal só: en efecto, ''ʾi'' e ''ʾu'' (ataque glotal seguido de /i/ ou /u/) parecen tern sido engadidas no final do alfabeto, tardiamente, pois. É posíbel que cando a invención deste abjad designase o ataque glotal vocalizado (fose cal for o [[Timbre (música)|timbre]] da vogal) e que máis tarde se especializase para o ataque glotal seguido de /a/ e non doutra vogal, de onde a adición de outras dúas formas nunha época máis tardía.
 
A presenza dalgúns [[grafema]]s [[silabario|silábicos]] (por exemplo ''ʾi'' e ''ʾu'' engadidos ao final) é un préstamo segundo o modelo [[lingua acadia|acadio]], de onde a presenza dun ''s̀'', para transcribir unha consoante non semítica de valor descoñecido e probabelmente utilizada para os textos escritos en [[hurrita]]. Notar que o trazado dalgúns caracteres varía segundo as fontes de documentación indicadas na bibliografía. Non hai en efecto modelo arquetípico real ningún e as inscricións poden ser de estilos moi diferentes.
19.686

edicións